O emprego en B sobe un 17% en Galicia en 2015, ata case 86.400 postos de traballo. O país ten 946.122 afiliados, fronte aos 1.032.000 que din estar ocupados segundo a EPA.
Fálase
Inspeccionados case 150 camións na fronteira portuguesa pola entrada de 'leite negro'. A Policía Autonómica puxo 75 denuncias desde o verán logo de intensificar os controis.
Albert Rivera di apoiar a petición de prisión para os actores de monicreques e o PSOE di que se axusta á lei.
Un quimiqueiro avariado diríxese a Fisterra escoltado. Arranxará na costa galega o problema, segundo adianta a Radio Galega.
Barreiro ve en Feijóo o "principal activo" do PPdeG pero defende que hai alternativa. O voceiro dos populares no Senado pide explicacións "claras" a Rita Barberá.
Galicia ten a poboación activa máis baixa da última década. Perdeu 76.000 durante a crise polo retorno de inmigrantes e a nova emigración de xente nova.
O PP denunciará a concelleira de Cultura de Madrid por "colaboración no enaltecemento do terrorismo". Considera que cometeu un delito pola obra de monicreques que luciu unha pancarta de Gora Alka-Eta.
O filme galego El Desconocido obtén dous Goyas, pola montaxe e mellor son. Jorge Coira dedicou o premio a "toda a xente que está intentando facer cinema e contar historias en Galicia".
Feijóo declara a súa "lealdade" a Rajoy e advirte da "morna" resposta do PP ante a corrupción. Faino nunha entrevista en La Voz de Galicia, onde alerta do "colapso" dos concellos gobernados polas mareas.
A Audiencia Nacional ordena prisión incondicional para os dous actores que luciron o cartel 'Gora Alka-ETA' nunha obra de monicreques para nenos.