Feijóo declara a súa "lealdade" a Rajoy e advirte da "morna" resposta do PP ante a corrupción. Faino nunha entrevista en La Voz de Galicia, onde alerta do "colapso" dos concellos gobernados polas mareas.
Fálase
A Audiencia Nacional ordena prisión incondicional para os dous actores que luciron o cartel 'Gora Alka-ETA' nunha obra de monicreques para nenos.
Garzón replica a Cayo Lara e aclara que EU "ten que axudar a IU, pero non rachar a confluencia". O coordinador federal presiona a Yolanda Díaz para que forme grupo coa súa formación no Congreso nunha intervención cualificada como "enorme irresponsabilidade" por parte do Consello Federal.
Cayo Lara pide a Yolanda Díaz que forme grupo con IU no Congreso. A formación tería o compromiso de Ciudadanos e PSOE para poder formar grupo propio cos seus deputados incluídos en En Marea e En Comú Podem.
Twitter cancela 125.000 contas relacionadas co Daesh. Segundo a empresa, reclutadores do grupo terrorista empregaban a rede social para captar persoas desilusionadas.
Os docentes relacionan o sexismo dos alumnos cos reality shows. Consideran exitosos o rol "de home e muller" que amosan programas de grande audiencia.
A Garda Civil impide que unha axente lesbiana sexa condecorada pola súa actuación no accidente que o pasado mes de setembro tivo lugar no Rally de Carral. Vanesa Fraga, de Ferrol, que recentemente casara coa súa parella, tentou suicidarse o pasado mes de decembro en Pontedeume polo acoso que sufría.
Un temporal de nivel laranxa afectará este sábado a Lugo, A Coruña e Pontevedra, sobre todo no litoral, con ventos que poderán acadar os cen quilómetros por hora nalgunhas zonas a primeira hora da tarde
El Diario lanza unha aplicación para escoller as persoas que poderían formar parte dun goberno de coalición
Assange considera "un insulto" a resposta británica ao ditame das Nacións Unidas sobre a súa retención no Reino Unido. Baltasar Garzón, coordinador da defensa do fundador de Wikileaks, destaca que se trata dunha das sentenzas "máis contundentes" que leu e demanda as autoridades británicas e suecas que desistan de deter a Assange.