Portugal celebra a vitoria de Salvador Sobral no Festival de Eurovisión. É a primeira vez que o país luso gaña o certame e fíxoo con record de puntos
Fálase
Máis dun milleiro de persoas participaron este sábado en Ribadavia nunha manifestación para reclamar a concesión de axudas directas para paliar as perdas xeradas no sector vitícola polas xeadas de finais de abril. O 23 de maio estáconvocada outra protesta, desta volta en Ourense.
A edición 2016 do Festival de Cans xerou un impacto económico en Porriño de entre 250.000 e 350.000 euros, segundo unha tese de doutoramento presentada este venres na Facultade de Economía da USC. O traballo analiza o "valor publicitario equivalente", tomando todas as informacións publicadas polos medios de comunicación como se fosen anuncios.
Compostela acolle este sábado a asemblea estatal de Fiare Banca Etica, na que participa o presidente do banco, Ugo Biggeri. En Galicia a entidade conta con 338 clientes, 194 persoas socias (26 xurídicas e 165 físicas) e unha captación de aforro de 1,4 millóns de euros.
O xefe de Anticorrupción, Manuel Moix, opúxose a controlar as chamadas de Ignacio González nos catro días previos á súa detención
A deputada Eva Solla, que o mes que vén se converterá en coordinadora de Esquerda Unida, pide recuperar "o xerme" de EnMarea. Sinala que o partido ten "unha estrutura máis vertical e moito máis pechada do que debería" e un "discurso máis conservador" do que se buscaba cando naceu a formación.
No centenario da aparición de Fátima, CTXT dedícalle unha reportaxe ao contexto político e social no que se difundiu a suposta "milagre" e aos seus efectos nun Portugal no que a Primeira República estaba a impulsar a secularización do país
Pedro Sánchez fai un chamamento dende Vigo a "recuperar a credibilidade perdida" polo PSOE e a que a formación "volva ser un partido de esquerdas". O aspirante á Secretaría Xeral di que "o desafío non é mirar o PP de lado ni por debaixo, senón de fronte, sendo a alternativa". En Ourense, Eduardo Madina pediu o voto para Susana Díaz para "deixar atrás os peores anos da historia do partido"
A UE esíxelle a Grecia a aprobación dunha serie de 140 recortes, modificacións legais e administrativas antes do 22 de maio para completar o pagamento do segundo treito do terceiro rescate ao país heleno. Pensións, reforma fiscal ou medidas para facilitar os despedimentos colectivos están entre as medidas demandadas.
Nos play-off de ascenso á ACB, vitoria do Basquet Coruña ante o Palencia (os herculinos gañan 2-1 na serie) e derrotas de Breogán e COB Ourense ante Palma e Oviedo (os dous galegos perden 1-2). Este domingo xogarase o cuarto partido destes cuartos de final.