Durante o Real Madrid-Barça do pasado domingo as televisións lanzaron un ataque contra mil páxinas a través dunha empresa para impedir a emisión do partido a través de fiestras gratuítas. Pola web Rojadirecta, que dá acceso a estas páxinas (creada, por certo, polo galego Igor Seoane), pasa o 9% do tráfico español de Internet.
Fálase
Un gol de Nolito, de penalti, no minuto 87, dálle a vitoria ao Celta 1-0 ante o Sevilla. Á espera do resto de partidos da xornada, os celestes teñen 8 puntos de marxe sobre o descenso
O BNG levou a cabo varios actos reivindicativos este sábado na peaxes de autoestradas en Pontevedra, A Coruña e Ferrol. Os participantes na protesta pagaron as tarifas en céntimos de euros como chamada de atención sobre os elevados prezos da AP9.
Rubalcaba búrlase de Montoro por atacar a "ultraesquerdista" Cáritas. Montoro restoulle importancia a un informe de Cáritas que sinalaba que España é o segundo país da UE con máis pobreza infantil. Tamén Feijoo, este pasado mércores, rexeitou os datos ofrecidos por Cáritas.
Fiare-Banca Popolare Etica celebra este sábado en Barcelona a súa Asemblea, que culminará o proceso de integración das entidades para permitir o comezo das operacións de banca ética en España. FiareGZ enviou unha ampla representación para participar nos debates e votacións.
250 cidades de todo o mundo celebrarán este sábado a Hora do Planeta, apagando a iluminación dalgúns edificios emblemáticos de 20.30 a 21.30, para fomentar unha diminución do consumo. En Galicia, quedarán ás escuras a Torre de Hércules, a Praza de María Pita, a Catedral de Santiago e o Obradoiro, a Muralla de Lugo, a Praza do Rei ou a fonte da Praza de España en Vigo
O Reino Unido celebra os primeiros matrimonios entre persoas do mesmo sexo, despois de que a nova lei entrase en vigor este sábado
Generalitat e PSC pechan un acordo para aprobar BCN World, o proxecto de casinos e hoteis que se instalará en Tarragona, xunto a Port Aventura
As eléctricas terán que devolverlles 300 millóns de euros aos consumidores antes do 30 de agosto, pois o custe da luz nos mercados durante o primeiro trimestre foi moi inferior ao previsto polo Goberno en decembro.
O Festival do Norte muda as súas datas e o seu escenario. Celebrarase na Illa de Arousa os días 3,4 e 5 de xullo