O Reino Unido celebra os primeiros matrimonios entre persoas do mesmo sexo, despois de que a nova lei entrase en vigor este sábado
Fálase
Generalitat e PSC pechan un acordo para aprobar BCN World, o proxecto de casinos e hoteis que se instalará en Tarragona, xunto a Port Aventura
As eléctricas terán que devolverlles 300 millóns de euros aos consumidores antes do 30 de agosto, pois o custe da luz nos mercados durante o primeiro trimestre foi moi inferior ao previsto polo Goberno en decembro.
O Festival do Norte muda as súas datas e o seu escenario. Celebrarase na Illa de Arousa os días 3,4 e 5 de xullo
Veciños de Punxín péchanse no Concello para pedir medidas pola auga contaminada. O Seprona acusa a Aquagest de ocultar os problemas e os cidadáns protestan pola negativa do goberno local a baixarlles o prezo da auga.
Unha delegación da directiva da Fundaçom Artábria entregou no rexistro do Concello de Ferrol unha carta, acompañada dun xogo de ferramentas para o alcalde da cidade, José Manuel Rey Varela, co obxectivo de "denunciar a hipocrisia do governo municipal respeito Carvalho Calero" e do propio barrio de Ferrol Vello no que se atopa a súa casa natal.
A CUT emite un comunicado para denunciar a "crecente campaña de intoxicación informativa promovida polo Ministerio de Interior español". O sindicato denuncia que varias informacións o vinculen cos altercados tras a manifestación do 22M.
PP e Pacto x Ames impediron a votación da moción de Ames Novo que pedía a "restitución da memoria" da corporación municipal republicana, apartada en agosto de 1936 polos golpistas. A concelleira Pilar Candocia (Ames Novo) denunciou o "veto" e sinalou que "a memoria democrática non é querida por todos".
Centos de estudantes manifestáronse este xoves en Vigo, Compostela, Ferrol, A Coruña e Lugo contra a LOMCE e os recortes no ensino. Nas marchas, convocadas polo Sindicato de Estudantes, reclamouse unha folga de 72 horas na que participen alumnos, pais, nais e mestres
O goberno turco, que hai uns días bloqueou o acceso a Twitter, agora impide a entrada en Youtube. Ao igual que no primeiro caso, trátase dun bloqueo de DNS fácilmente ignorable (empregando outro servidor).