O goberno turco, que hai uns días bloqueou o acceso a Twitter, agora impide a entrada en Youtube. Ao igual que no primeiro caso, trátase dun bloqueo de DNS fácilmente ignorable (empregando outro servidor).
Fálase
Unha detida no 22M conta a súa experiencia nun vídeo no que relata a mala experiencia vivida en comisaría. Raquel Tenías é membro de IU Aragón. "Non somos criminais, somos xente solidaria", di.
A Coordinadora 25S volverá á rúa este sábado contra a represión do 22M, por unha ruptura real do réxime de 1978 e a prol da "abolición da monarquía".
Varios xornais insisten nas "algaradas antisistema" que buscan "desestabilizar o Estado", segundo a Policía. O ABC ilustra a información cunha fotografía da manifestación contra a Lomce en Vigo.
Cargos de Adif non son quen de explicar a sinalización caótica en Angrois. A guía do maquinista non coincide coa realidade e hai sinais fóra de lugar.
PSOE e PP ratifican un "histórico" acordo orzamentario en Vigo que Caballero ve "un pulo para saír da crise" e ao que pide que se una o BNG.
O Seprona acusa a Aquagest de ocultar contaminación de auga en Ourense. A Garda Civil di que a Xunta non actuou malia coñecer a presenza de arsénico en Punxín.
Televisión Española sementa a polémica cunha reportaxe na que, supostamente, ofrece os trazos máis característicos do que denominan "colectivo antisistema" baseándose en aspectos como a roupa que utilizan. Recóllea El Diario
A canle de televisión da Conferencia Episcopal, 13 TV, prohíbelles a dous programas de laSexta empregar as súas imaxes e gábase, ao tempo, de estar a "converterse nunha canle de referencia a nivel informativo".
A Candidatura do Povo promoveu este xoves un escrache a membros do grupo de Goberno de Compostela, a quen esixiron a súa dimisión polas súas imputacións en casos de presunta corrupción como a Pokémon. O alcalde, Ángel Currás, dixo "respectar" a protesta mentres que a voceira do goberno, María Pardo, declarou ter "medo" pola protesta, que atribúe á "esquerda radical".