Varios xornais insisten nas "algaradas antisistema" que buscan "desestabilizar o Estado", segundo a Policía. O ABC ilustra a información cunha fotografía da manifestación contra a Lomce en Vigo.
Fálase
Cargos de Adif non son quen de explicar a sinalización caótica en Angrois. A guía do maquinista non coincide coa realidade e hai sinais fóra de lugar.
PSOE e PP ratifican un "histórico" acordo orzamentario en Vigo que Caballero ve "un pulo para saír da crise" e ao que pide que se una o BNG.
O Seprona acusa a Aquagest de ocultar contaminación de auga en Ourense. A Garda Civil di que a Xunta non actuou malia coñecer a presenza de arsénico en Punxín.
Televisión Española sementa a polémica cunha reportaxe na que, supostamente, ofrece os trazos máis característicos do que denominan "colectivo antisistema" baseándose en aspectos como a roupa que utilizan. Recóllea El Diario
A canle de televisión da Conferencia Episcopal, 13 TV, prohíbelles a dous programas de laSexta empregar as súas imaxes e gábase, ao tempo, de estar a "converterse nunha canle de referencia a nivel informativo".
A Candidatura do Povo promoveu este xoves un escrache a membros do grupo de Goberno de Compostela, a quen esixiron a súa dimisión polas súas imputacións en casos de presunta corrupción como a Pokémon. O alcalde, Ángel Currás, dixo "respectar" a protesta mentres que a voceira do goberno, María Pardo, declarou ter "medo" pola protesta, que atribúe á "esquerda radical".
BNG, ERC e Amaiur vetan a declaración institucional sobre Suárez no Congreso ao discrepar das louvanzas ao Rei e da presentación da Transición como modélica. O veto das tres formacións impide pactar un texto en nome da Cámara.
O Poder Xudicial aproba o informe no que cuestiona a constitucionalidade da Lei de Seguridade Cidadá. Considera que o papel da Policía é excesivo e demasiado determinante na imposición de sancións administrativas.
Nova concentración en protesta polos despedimentos do profesorado do Celga. CIG-Ensino maniféstase diante da EGAP, onde Política Lingüística reúne os docentes que impartirán agora os cursos como horas extras. Imaxe de @CIGEnsino.