BNG, ERC e Amaiur vetan a declaración institucional sobre Suárez no Congreso ao discrepar das louvanzas ao Rei e da presentación da Transición como modélica. O veto das tres formacións impide pactar un texto en nome da Cámara.
Fálase
O Poder Xudicial aproba o informe no que cuestiona a constitucionalidade da Lei de Seguridade Cidadá. Considera que o papel da Policía é excesivo e demasiado determinante na imposición de sancións administrativas.
Nova concentración en protesta polos despedimentos do profesorado do Celga. CIG-Ensino maniféstase diante da EGAP, onde Política Lingüística reúne os docentes que impartirán agora os cursos como horas extras. Imaxe de @CIGEnsino.
Centos de estudantes protestan contra a Lomce en Galicia convocados polo Sindicato de Estudantes. En Vigo, a marcha disolveuse tras as críticas doutro grupo de mozos aos organizadores, segundo conta Europa Press.
España ten a maior taxa de pobreza infantil da UE despois de Romanía. Un informe de Cáritas revela o impacto da crise e a austeridade en Europa. Feijóo desdeñou onte a entidade católica e negou problemas de nutrición infantil en Galicia.
A voceira do goberno de Santiago di estar contenta porque "xa non son catro, son oito" as persoas que se manifestan pola dimisión dos edís implicados na Pokémon. María Pardo asegurouno na inauguración dun controvertido parque no centro da capital galega ao que, di, se opón a "burguesía reaccionaria". O alcalde descarta cesamentos, segundo detalla Europa Press.
Unha ferramenta de Google, Google Flu Trends, trabucouse totalmente na súa predición da incidencia da gripe en cada rexión dos EE.UU., a pesar de que nos últimos anos viñera acertando o prognóstico. A revista Science dedícalle un artigo ao sucedido e critica "a arrogancia do big data".
Varios alcaldes manteñen un peche en San Caetano en protesta pola suba do canon de Sogama e "contra a negativa da Xunta a negociar cos gobernos locais unha solución consesuada", segundo adiantan BNG e PSdeG. Rexedores de varias formacións políticas participan nesta protesta coa que intentan forzar unha xuntanza con Feijóo. Máis información, esta mañá en Praza. Imaxe de @PSdeG.
Praza Pública únese á campaña Como cho digo, iniciativa promovida pola CTNL a prol da visibilización da lingua galega nos medios de comunicación.
O naval volve mobilizarse en Ferrol. Antidisturbios reciben os manifestantes ante a sede de Facenda, pechada e onde piden compromisos ao ministro Montor. Imaxe de @raulsalgado.