A voceira do goberno de Santiago di estar contenta porque "xa non son catro, son oito" as persoas que se manifestan pola dimisión dos edís implicados na Pokémon. María Pardo asegurouno na inauguración dun controvertido parque no centro da capital galega ao que, di, se opón a "burguesía reaccionaria". O alcalde descarta cesamentos, segundo detalla Europa Press.
Fálase
Unha ferramenta de Google, Google Flu Trends, trabucouse totalmente na súa predición da incidencia da gripe en cada rexión dos EE.UU., a pesar de que nos últimos anos viñera acertando o prognóstico. A revista Science dedícalle un artigo ao sucedido e critica "a arrogancia do big data".
Varios alcaldes manteñen un peche en San Caetano en protesta pola suba do canon de Sogama e "contra a negativa da Xunta a negociar cos gobernos locais unha solución consesuada", segundo adiantan BNG e PSdeG. Rexedores de varias formacións políticas participan nesta protesta coa que intentan forzar unha xuntanza con Feijóo. Máis información, esta mañá en Praza. Imaxe de @PSdeG.
Praza Pública únese á campaña Como cho digo, iniciativa promovida pola CTNL a prol da visibilización da lingua galega nos medios de comunicación.
O naval volve mobilizarse en Ferrol. Antidisturbios reciben os manifestantes ante a sede de Facenda, pechada e onde piden compromisos ao ministro Montor. Imaxe de @raulsalgado.
Investigadores da USC crean películas fotovoltaicas máis baratas. O novo sistema desenvolvido polo CIQUS permite fabricar bicapas nanométricas de calidade de xeito máis sinxelo
Varias organizacións denuncian falta de transparencia sobre as negociacións do Tratado de Libre Comercio que a UE discutirá este mércores con Obama en Bruxelas. "O acordo estase negociando en segredo entre gobernos e multinacionais", denuncia o Observatorio Europeo das Corporacións
O Celta cae ante o Barcelona (3-0) logo dunha mala primeira parte e unha segunda na que tivo ocasións para marcar. O equipo vigués mantense a cinco puntos do descenso á espera dos resultados de hoxe.
Alemaña estuda expulsar os comunitarios que non atopen emprego en seis meses. A medida pretende deter a chegada de cidadáns romaneses e búlgaros.
A xuíza acusa outro concelleiro de Santiago de amañar contratos de obras. Atribúe a Luís Bello branqueo, fraude ou tráfico de información privilexiada, entre outros delitos. Ademais, De Lara investiga o pago de 18 viaxes do ex alcalde de Ourense.