Unha ferramenta de Google, Google Flu Trends, trabucouse totalmente na súa predición da incidencia da gripe en cada rexión dos EE.UU., a pesar de que nos últimos anos viñera acertando o prognóstico. A revista Science dedícalle un artigo ao sucedido e critica "a arrogancia do big data".
Fálase
Varios alcaldes manteñen un peche en San Caetano en protesta pola suba do canon de Sogama e "contra a negativa da Xunta a negociar cos gobernos locais unha solución consesuada", segundo adiantan BNG e PSdeG. Rexedores de varias formacións políticas participan nesta protesta coa que intentan forzar unha xuntanza con Feijóo. Máis información, esta mañá en Praza. Imaxe de @PSdeG.
Praza Pública únese á campaña Como cho digo, iniciativa promovida pola CTNL a prol da visibilización da lingua galega nos medios de comunicación.
O naval volve mobilizarse en Ferrol. Antidisturbios reciben os manifestantes ante a sede de Facenda, pechada e onde piden compromisos ao ministro Montor. Imaxe de @raulsalgado.
Investigadores da USC crean películas fotovoltaicas máis baratas. O novo sistema desenvolvido polo CIQUS permite fabricar bicapas nanométricas de calidade de xeito máis sinxelo
Varias organizacións denuncian falta de transparencia sobre as negociacións do Tratado de Libre Comercio que a UE discutirá este mércores con Obama en Bruxelas. "O acordo estase negociando en segredo entre gobernos e multinacionais", denuncia o Observatorio Europeo das Corporacións
O Celta cae ante o Barcelona (3-0) logo dunha mala primeira parte e unha segunda na que tivo ocasións para marcar. O equipo vigués mantense a cinco puntos do descenso á espera dos resultados de hoxe.
Alemaña estuda expulsar os comunitarios que non atopen emprego en seis meses. A medida pretende deter a chegada de cidadáns romaneses e búlgaros.
A xuíza acusa outro concelleiro de Santiago de amañar contratos de obras. Atribúe a Luís Bello branqueo, fraude ou tráfico de información privilexiada, entre outros delitos. Ademais, De Lara investiga o pago de 18 viaxes do ex alcalde de Ourense.
O Goberno central volve nacionalizar as autoestradas en ruína 30 anos despois. En 1984 xa asumira as perdas de seis viais de peaxe en quebra e que tampouco tiñan tráfico.