O Goberno central volve nacionalizar as autoestradas en ruína 30 anos despois. En 1984 xa asumira as perdas de seis viais de peaxe en quebra e que tampouco tiñan tráfico.
Fálase
Xa están en marcha as mobilizacións na defensa da sanidade pública nas principais localidades do país.
Ana Botella propón prohibir as manifestacións no centro de Madrid. A alcaldesa cifra en máis de 600.000 euros o custo dos danos provocados pola manifestación do 22M.
Os informáticos reclaman que se equipare os titulados pre-Boloña ao marco de cualificacións de educación superior. A petición foi realizada polos consellos xerais e Enxeñaría e Enxeñaría Técnica en Informática.
Activistas intentan impedir o derrubo da ponte do Toleiro en Sarria pegándose á estrutura a través de canoas. A Plataforma Sarriana polo Río advirte de que non abandonará as mobilizacións, logo de manifestarse onte contra a corta de árbores e o desaloxo.
O Tribunal Supremo declara improcedente o ERE de Telemadrid. Madrid terá que incrementar as indemnizacións aos 829 despedidos
O BNG lanza o seu sitio web para as eleccións europeas e inicia unha campaña de recolleita de propostas baixo o lema Ideas para nos defender.
Máis de 50 detidos na Universidad Complutense de Madrid no primeiro día da folga de estudantes. Un cento de alumnos permanecían pechados desde o pasado día 20.
Os impulsores das Marchas da Dignidade en Galicia denuncian "as mentiras" de Cristina Cifuentes e do PP respecto dos actos violentos acontecidos o 22M e que a policía atribúe a "radicais galegos". Máis información, hoxe en Praza.
Onte presentouse en Compostela Como cho digo, unha nova iniciativa normalizadora da CTNL para "visibilizar" o galego nos medios de comunicación. Máis información, esta mañá en Praza.