Máis de 50 detidos na Universidad Complutense de Madrid no primeiro día da folga de estudantes. Un cento de alumnos permanecían pechados desde o pasado día 20.
Fálase
Os impulsores das Marchas da Dignidade en Galicia denuncian "as mentiras" de Cristina Cifuentes e do PP respecto dos actos violentos acontecidos o 22M e que a policía atribúe a "radicais galegos". Máis información, hoxe en Praza.
Onte presentouse en Compostela Como cho digo, unha nova iniciativa normalizadora da CTNL para "visibilizar" o galego nos medios de comunicación. Máis información, esta mañá en Praza.
O documental titulado Descobrimentos nocturnos, realizado por alumnos do colexio Poeta Uxío Novoneyra de Seoane do Courel, premio ao mellor vídeo no certame InvestigArte, convocado pola Fundación Barrié e a USC. No vídeo, gravado cun móbil, vense xabaríns, raposos e mesmo un lobo.
Rosalía Portela, conselleira delegada de Ono, augura a compra de R por parte de Vodafone. Cre que a operadora, ao igual que Telecable ou Euskaltel, necesitan "tamaño", polo que cre que acabarán por integrarse na súa compañía
Militantes de Anova lanzan un manifesto de apoio a Lidia Senra como candidata da formación ás eleccións europeas. "Unha rexa voz cálida e unha aposta política", din os asinantes, entre os que están Martiño Noriega, Antón Sánchez ou Antón Dobao.
Paula Prado presumiu de inflar unha factura municipal en 3.000 euros. As escoitas da Pokèmon revelan varios enchufes da portavoz do PPdeG, que pide favores a amigos e militantes do partido.
As multas aos convocantes das Marchas da Dignidade poden chegar aos 600.000 euros. Cifuentes abre expedientes por faltas graves ou moi graves durante o 22M en Madrid. A Policía difundiu varias fotos de presuntas armas empregadas nos disturbios que pertencían a sucesos anteriores.
Unha empresa de enxeñería pagaba chófer e coche oficial a Liñares, segundo conta o que fora condutor do ex presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, tal e como informa La Voz de Galicia.
O Constitucional tomba a declaración soberanista do Parlament catalán. Négalle a Cataluña que sexa un "suxeito político e xurídico soberano" pero recoñece o dereito a decidir no marco da Constitución.