Paula Prado presumiu de inflar unha factura municipal en 3.000 euros. As escoitas da Pokèmon revelan varios enchufes da portavoz do PPdeG, que pide favores a amigos e militantes do partido.
Fálase
As multas aos convocantes das Marchas da Dignidade poden chegar aos 600.000 euros. Cifuentes abre expedientes por faltas graves ou moi graves durante o 22M en Madrid. A Policía difundiu varias fotos de presuntas armas empregadas nos disturbios que pertencían a sucesos anteriores.
Unha empresa de enxeñería pagaba chófer e coche oficial a Liñares, segundo conta o que fora condutor do ex presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, tal e como informa La Voz de Galicia.
O Constitucional tomba a declaración soberanista do Parlament catalán. Négalle a Cataluña que sexa un "suxeito político e xurídico soberano" pero recoñece o dereito a decidir no marco da Constitución.
Pachi Vázquez asegura que "todo o reflectido" nun anónimo incluído no sumario da Pokémon que derivou nunha investigación sobre obras na súa casa "é rotundamente falso e ten como única finalidade ocasionar dano persoal". Nun comunicado remitido á prensa o ex secretario xeral do PSdeG expresa a súa "sorpresa" por "enterarme da existencia" do anónimo "a través dos medios".
Ás 20:00 comeza n'A Nave de Vidán de Compostela a presentación de Como cho digo, a nova iniciativa normalizadora da CTNL para "visibilizar" o uso da lingua galega.
A facultade de Económicas da Universidade de Vigo acolle a exposición Matemáticas x Matemáticas, que amosa a vida e obra de 16 mulleres destacadas neste eido, como Carolina Herschel, Sophie Germain, Ada Lovelace, Grace Hopper ou Julia Robinson.
Apenas o 13% dos usuarios de Twitter publicaron algún tuit nos últimos 30 días, segundo unha análise realizada por Twopcharts. Os early adopters son os máis activos, pois nas contas rexistradas en 2008 e 2009 a porcentaxe de usuarios que publican habitualmente supera o 25%.
O Consello da Cultura acolle este mércores a xornada Xela Arias e Luísa Villalta: Letras, interartes, proxectos na fin de século, dedicada ás dúas autoras
O grupo Batital realizará un lipdub no centro histórico de Lugo o vindeiro sábado 5 de abril coa canción “I'm from Lugo", composta polo chairego Fran Muinelo, e que xa foi empregada nunha flashmob hai ano e medio