PP e Pacto x Ames impediron a votación da moción de Ames Novo que pedía a "restitución da memoria" da corporación municipal republicana, apartada en agosto de 1936 polos golpistas. A concelleira Pilar Candocia (Ames Novo) denunciou o "veto" e sinalou que "a memoria democrática non é querida por todos".
