O filme de animación galego O Apóstolo acada un grande éxito de público en Sitges
Fálase
Sáenz de Santamaría e Cospedal acoden a un acto relixioso no Vaticano. Saudaron o Papa e Sáenz de Santamaría reuniuse co cardeal Tarcisio Bertone
Chávez gaña as eleccións en Venezuela por case dez puntos de diferenza: 54,42% dos votos fronte ao 44,97% de Henrique Capriles, que xa recoñeceu o resultado.
Na Terceira galega estes foron os resultados da xornada:
Narón 1 1 Pontevedra
Negreira 0 0 Barbadás
Cerceda 2 1 Ordes
Alondras 1 1 As Pontes
Betanzos 1 3 Racing de Ferrol
Somozas 0 0 Vilalonga
Céltiga 0 3 Celta B
Racing Vilalbés 2 0 Bergantiños
Rápido de Bouzas 2 1 Compostela
Deportivo B 3 0 DornedaUn líder opositor encabeza unha caravana contra os ataques de EEUU en Pakistán. Está formada por varios milleiros de seguidores, unha trintena de pacifistas estadounidenses e numerosos reporteiros
Os afeccionados do Barça corearon berros de "independència" no minuto 17 e 14 segundos do clásico ante o Real Madrid no Camp Nou, como estaba previsto.
Pere Rusiñol afirma en El País y el capitalismo de casino que a "caída de El País non é unha catástrofe natural, senón un exemplo de libro de como unha mala xestión pode arruinar mesmo a institución xornalística máis sólida que tivo nunca España. Internet e o suposto cambio de paradigma son só actores moi secundarios do drama"
The Economist cualifica de "misterioso" a Rajoy pola ambigüidade das súas decisións
Milleiros de persoas maniféstanse contra os recortes en medio cento de cidades de toda España
Beiras e Feijóo, os candidatos coa imaxe máis afín ao seu electorado, segundo unha análise realizada por unha experta na análise da estética como ferramenta de comunicación.