Pachi Vázquez afirma que se achega "o tempo do cambio". Fai fincapé na defensa do público e na defensa dos dereitos sociais. Fai unha proposta para "saír da crise sen deixar a ninguén atrás".
Fálase
Xa se pode seguir online a intervención de Pachi Vázquez no Comité Nacional do PSdeG-PSOE. Vázquez afirma que estas eleccións chegan nun "momento crucial" e comprométese a "dicirlles a verdade aos galegos", ao contrario do que -afirma- fixo Feijoo. Centra o seu discurso no desemprego, sobre todo as dificultades de mozos e mozas para atopar traballo, e nas críticas á xestión do PP.
Milleiros de persoas maniféstanse en Bahrein pedindo democracia e a liberación dos activistas encarcerados nos últimos meses. O 70% dos habitantes desta pequena monarquía sunita son xiítas, e son precisamente os xiítas os que están protagonizando as protestas nun rico país que, ademais, é a base da Quinta Frota dos Estados Unidos.
Andrés Manuel López Obrador anuncia que non recoñecerá a vitoria de Enrique Peña Nieto nas eleccións mexicanas de xuño, que onte se fixo oficial, e chama á "desobediencia civil"
A Asociación Arraianos coroa a Xesús Alonso Montero como Arraiano Maior da Raia Seca de 2012, nun acto no que tamén se homenaxeou a Celso Emilio Ferreiro.
Ana Pastor anuncia no Faro de Vigo unha nova promesa electoral do seu partido. Di que "espera" pechar en setembro unha rebaixa da peaxe na AP9 entre Vigo e Pontevedra
Veciños e veciñas de Sada fixeron ver no paso da Vuelta a España pola vila unha faixa contraria ao proxecto de construción da Vía Ártabra, un proxecto de estrada que inclúe a construción dun túnel na zona da praia de Morazón e do Castelo de Fontán, declarado BIC
O novo director de Radio3 afirma sobre a supresión de Carne Cruda que era "un programa sensacionalista e propio dunha emisora pirata"
- O novo director de Radio3 afirma sobre a supresión de Carne Cruda que era "un programa sensacionalista e propio dunha emisora pirata"
- O novo director de Radio3 afirma sobre a supresión de Carne Cruda que era "un programa sensacionalista e propio dunha emisora pirata"