#debate2013 Feijóo dille á oposición que "escolla aquilo no que se sinta máis cómodo" para chegar a pactos co Goberno.
Fálase
#debate2013 Feijóo reclámalle acordos á oposición: "dean mostras de como dialogan", di.
#debate2013 Feijóo reclama "exemplaridade da clase política". Rexeita o "rancor" e "lamenta que haxa quen se sinta máis preto dos que practican a violencia que de presidentes ou gobernos democráticos".
#debate2013 As familias con dous ou máis fillos e unha renda anual menor de 30.000 euros non pagarán matrícula nas escolas infantís.
#debate2013 Feijóo enmarca na "solidariedade" a fin dos libros de texto de balde, o novo decreto de comedores ou o novo imposto sobre os combustibles.
#debate2013 Feijóo anuncia unha rebaixa de medio punto no IRPF para "todos os que teñan unha base liquidable ata 17.700 euros". O presidente xa prometera rebaixar este imposto na campaña de 2009.
#debate2013 Feijóo insiste en que "poucas ou ningunha comunidade autónoma presentan unha política social máis completa que Galicia".
#debate2013 Feijóo volve prometer unha Lei de Publicidade Institucional. O Goberno galego xa a consideraba "urxente" en febreiro de 2010
#debate2013 Feijóo sentenza que Galicia "ocupa os primeiros postos na liña de saída da crise" dende "un moderado optimismo".
#debate2013 Feijóo mantén que o AVE galego estará rematado en 2018 e lamenta que "das seis cidades peor comunicadas por tren con Madrid, cinco son galegas".