#debate2013 Feijóo volve prometer unha Lei de Publicidade Institucional. O Goberno galego xa a consideraba "urxente" en febreiro de 2010
Fálase
#debate2013 Feijóo sentenza que Galicia "ocupa os primeiros postos na liña de saída da crise" dende "un moderado optimismo".
#debate2013 Feijóo mantén que o AVE galego estará rematado en 2018 e lamenta que "das seis cidades peor comunicadas por tren con Madrid, cinco son galegas".
#debate2013 Feijóo anuncia unha lei que permitirá "incluír de oficio" no Banco de Terras terreos de concentración parcelaria "manifestamente abandonados". Na oposición, os conservadores opuxéronse con dureza ao Bantegal, creado polo bipartito.
A Asociación de Jóvenes Empresarios da Coruña celebra este martes un evento en Compostela no marco do Día Internacional do Fracaso. O obxectivo é desmitificar o fracaso e lembrar que errar é obrigatorio cando se quere aprender
#debate2013 Feijóo anuncia a non autorización da mina de Corcoesto, pero advirte de que é "profundamente inxusto" caer "no rexeitamento sistemático" aos proxectos mineiros.
#debate2013 Feijóo admite que o papel da Xunta na venda de Novagalicia Banco é o de ofrecer a súa "opinión". O FROB xa advertiu de que a postura do Goberno galego no proceso é irrelevante.
#debate2013 Feijóo di manter "intacta a confianza" en que Pemex lle encomende a construción dos floteis a Barreras e Navantia. O prazo que fixa agora para o inicio da construción é o mes de novembro.
#debate2013 Feijóo anuncia unha campaña de "relanzamento da marca Galicia Calidade".
#debate2013 Feijóo eloxia o sector audivisual e cultural galego. Apoios ao audiovisual como as axudas de AGADIC reducíronse nun 80%.