A Asociación de Jóvenes Empresarios da Coruña celebra este martes un evento en Compostela no marco do Día Internacional do Fracaso. O obxectivo é desmitificar o fracaso e lembrar que errar é obrigatorio cando se quere aprender
Fálase
#debate2013 Feijóo anuncia a non autorización da mina de Corcoesto, pero advirte de que é "profundamente inxusto" caer "no rexeitamento sistemático" aos proxectos mineiros.
#debate2013 Feijóo admite que o papel da Xunta na venda de Novagalicia Banco é o de ofrecer a súa "opinión". O FROB xa advertiu de que a postura do Goberno galego no proceso é irrelevante.
#debate2013 Feijóo di manter "intacta a confianza" en que Pemex lle encomende a construción dos floteis a Barreras e Navantia. O prazo que fixa agora para o inicio da construción é o mes de novembro.
#debate2013 Feijóo anuncia unha campaña de "relanzamento da marca Galicia Calidade".
#debate2013 Feijóo eloxia o sector audivisual e cultural galego. Apoios ao audiovisual como as axudas de AGADIC reducíronse nun 80%.
#debate2013 Feijóo insiste en que o seu goberno logra "aforrar" nas contas da Xunta. Non obstante, a débeda do Goberno galego é un 94% superior á que atopou o actual Executivo en 2009.
#debate2013 Feijóo comeza gabando a "solidariedade" en tempos de crise e sentenzando que "negar por sistema a efectividade" das súas medidas "non supón levarlle a contraria á Xunta, implica negar os méritos dos galegos e galegas".
#debate2013 Comeza o debate de política xeral co discurso do presidente da Xunta. Pódese seguir ao vivo nesta ligazón. Toda a información, ao longo do día en Praza Pública.
A Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados maniféstase esta mañá ante o Parlamento para "presionar o PP" e solicitar que se "faga xustiza" coa súa situación. Os xubilados seguen a recibir multas por non declarar as pensións do estranxeiro malia nunca ser informados.