A Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados maniféstase esta mañá ante o Parlamento para "presionar o PP" e solicitar que se "faga xustiza" coa súa situación. Os xubilados seguen a recibir multas por non declarar as pensións do estranxeiro malia nunca ser informados.
Fálase
Un grupo de mulleres da Asociación Ve-la Luz comezaron esta madrugada na Coruña unha folga de fame para denunciar "a falta de apoio e recursos, por parte das administracións, ás mulleres e nen@s vítimas de violencia machista"
O Colexio de Xornalistas denuncia que a sinatura do acordo entre a Aurtoridade Portuaria da Coruña e Repsol para o traslado a Punta Langosteira das instalacións da petroleira se teña realizado nun acto exclusivamente para gráficos, evitando as preguntas dos periodistas.
Deseñadores ourensáns, baixo a denominación de Comando Gráfico, denuncian "a falta de rigor estético na imaxe gráfica que acompaña aos eventos culturais ourensáns". Defenden o deseño "como unha fórmula máis para enfrontarse á crise"
A patronal das autoestradas reclámalle ao Goberno que poña en marcha peaxes nas autovías
A Xunta ultima unha resolución administrativa pola que cancelará definitivamente o proxecto mineiro de Corcoesto, segundo La Voz de Galicia, ao non ter reunido a empresa os fondos propios necesarios para levar adiante a instalación
María Dolores de Cospedal leva ao Congreso a proposta de reforma do Estatuto de Autonomía para mudar a lei electoral e beneficiar o bipartidismo. Con esta reforma unha formación política, por exemplo IU, pasará de necesitar o 5% dos votos para obter representación a ter que superar o 14% ou o 18% en cada provincia
Demócratas e Republicanos achegan posturas sobre o límite de gasto a tres días da suspensión de pagos. O acordo daría tres meses máis de prazo para seguir negociando.
Os deputados e deputadas do Parlamento de Galicia seguirán sen pagar impostos polo 100% do soldo. Máis información, nuns minutos en Praza.
O PSOE recorre ante o Tribunal Constitucional o decreto das renovables pola súa retroactividade, denuncia que dificulta "os investimentos produtivos" para un “novo modelo cun gran compoñente innovador" e que "condena" a España a "ter unha enerxía cada vez máis cara fronte ao resto da UE”.