O PSOE recorre ante o Tribunal Constitucional o decreto das renovables pola súa retroactividade, denuncia que dificulta "os investimentos produtivos" para un “novo modelo cun gran compoñente innovador" e que "condena" a España a "ter unha enerxía cada vez máis cara fronte ao resto da UE”.
Fálase
Imputados sete edís da Xunta de Goberno local de Compostela (PP) por aprobar que o Concello lle pagase a defensa ao concelleiro Adrián Varela, imputado no caso Pokémon. Na web de Europa Press.
A Xunta prevé que o paro apenas baixe en Galicia no vindeiro ano. Os orzamentos calculan unha suba do 0,8% do PIB e que o paro quede no 21,7%.
A Comisión Europea incorpora á investigación sobre Corcoesto o informe sobre arsénico da USC. Continúa co traballo e advirte de que lle exixirá á mina o cumprimento da lexislación medioambiental da UE, que endurece as condicións tras a proposta de reforma da Directiva de Impacto Ambiental.
Galiza Nova ocupa a Confederación de Empresarios para denunciar a precariedade laboral da mocidade. “A crise valeu de escusa ao PP para deixarnos en coiros ante os abusos da patronal”, denuncia a organización xuvenil.
Os estadounidenses Fama, Hansen e Shiller, expertos no funcionamento dos mercados financeiros, gañan o Nobel de Economía polo seu traballo sobre como se xeran os prezos no sistema económico
UPN, marca navarra do PP ata 2008, propón obrigar as mulleres que decidan abortar a ver unha ecografía do feto antes de decidir. "Unha imaxe vale máis que mil palabras", argumenta o seu deputado Carlos Salvador.
Agadic publica os proxectos beneficiarios das axudas ao talento deste 2013. Terán financiamento público doce traballos tras unha convocatoria na que a Xunta reduciu os fondos nun 60%.
O DOG publica este luns os domingos e festivos nos que os establecementos comerciais poderán permanecer abertos durante o ano 2014.
SOS Sanidade Pública afirma que a suba do prezo da gasolina non vai acabar na Sanidade e que “a mellora do financiamento sanitario debe de facerse con impostos progresivos e non con taxas ao consumo que afondan na desigualdade entre persoas”