UPN, marca navarra do PP ata 2008, propón obrigar as mulleres que decidan abortar a ver unha ecografía do feto antes de decidir. "Unha imaxe vale máis que mil palabras", argumenta o seu deputado Carlos Salvador.
Fálase
Agadic publica os proxectos beneficiarios das axudas ao talento deste 2013. Terán financiamento público doce traballos tras unha convocatoria na que a Xunta reduciu os fondos nun 60%.
O DOG publica este luns os domingos e festivos nos que os establecementos comerciais poderán permanecer abertos durante o ano 2014.
SOS Sanidade Pública afirma que a suba do prezo da gasolina non vai acabar na Sanidade e que “a mellora do financiamento sanitario debe de facerse con impostos progresivos e non con taxas ao consumo que afondan na desigualdade entre persoas”
Concellos e deputacións recortan un 20% os seus investimentos en favor do gasto social, destraca Faro de Vigo
Un estudo do Instituto de Políticas e Bens Públicos do CSIC sinala que a mobilidade —a outros países, a outros sectores— é un obstáculo no camiño para acadar unha praza fixa de profesor nas universidades españolas. As publicacións e a lealdade son o camiño máis rápido.
Os baróns autonómicos do PP piden unha revisión do financiamento autonómico e proporanllo hoxe a Rajoy no Comité Executivo do partido.
Resultados da terceira división galega de fútbol
Ordes 1 - 0 Bertamiráns
Somozas 3 - 2 Cultural Areas
Barbadás 2 - 1 Betanzos
Pontevedra CF 2 - 0 As Pontes
SD Negreira 0 - 1 Laracha CF
Dorneda 1 - 1 Grixoa
Choco 1 - 2 Racing Vlalbés
Deportivo B 2 - 0 Alondras
Boiro 3 - 2 Arousa
Rápido de Bouzas 1 - 1 CercedaVilaweb repasa os nomes dos cregos non franquistas que non foron lembrados este domingo na macro beatificación dos definidos como "mártires" cristiáns, celebrada este domingo en Tarragona.
Os líderes de PSdeG e BNG, José Ramón Gómez Besteiro e Xavier Vence, e mais a vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, participaron este mediodía na homenaxe ás vítimas do franquismo de Montecubeiro (Castroverde). As forzas da oposición parlamentaria coinciden cos organizadores do acto en reclamar a aplicación da lei da memoria histórica e en reclamar a fin da impunidade da apoloxía do fascismo.