Vilaweb repasa os nomes dos cregos non franquistas que non foron lembrados este domingo na macro beatificación dos definidos como "mártires" cristiáns, celebrada este domingo en Tarragona.
Fálase
Os líderes de PSdeG e BNG, José Ramón Gómez Besteiro e Xavier Vence, e mais a vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, participaron este mediodía na homenaxe ás vítimas do franquismo de Montecubeiro (Castroverde). As forzas da oposición parlamentaria coinciden cos organizadores do acto en reclamar a aplicación da lei da memoria histórica e en reclamar a fin da impunidade da apoloxía do fascismo.
O Deportivo da Coruña impúxose por 0-1 ao Barça B no Mini Estadi.
Teo súmase aos concellos opostos ao novo copagamento farmacéutico. O goberno municipal subliña que "non se permitirá que ningún veciño ou veciña de Teo deixe de administrarse a medicación necesaria por falta de recursos económicos"
As axudas para o vehículo eléctrico suman 40 millóns en Galicia, 17 deles da Xunta. No que vai do ano só se venderon 15 unidades, segundo La Voz. Na precampaña das municipais de 2011 o Goberno galego comprometeuse a apoiar unha fábrica destes automóbiles impulsada tamén pola Deputación de Ourense.
O CD Lugo impúxose por 1-0 ao Córdoba no Anxo Carro. Esta mañá ás 12:00 o Deportivo xoga ante o Barcelona B.
O Obradoiro perdeu ante Canarias por 76-74, aínda que estivo a piques de lograr a remontada.
Castroverde lembra hoxe os 15 veciños do concello que foron asasinados polos franquistas en 1937. Será nun acto no que participarán diversos representantes do mundo da política e da cultura.
A iniciativa Galiza pola Soberanía realizou onte actos simbólicos en diferentes puntos representativos do país para "visibilizar a demanda" de soberanía galega "na data en que o decadente proxecto imperial español fai exaltación chovinista da súa Fiesta Nacional", din.
O ascensor panorámico que une o casco histórico co porto de Ribadeo, premiado polo Consello Nacional de Arquitectos de Italia pola súa achega á renovación urbana e á sustentabilidade enerxética