O Obradoiro perdeu ante Canarias por 76-74, aínda que estivo a piques de lograr a remontada.
Fálase
Castroverde lembra hoxe os 15 veciños do concello que foron asasinados polos franquistas en 1937. Será nun acto no que participarán diversos representantes do mundo da política e da cultura.
A iniciativa Galiza pola Soberanía realizou onte actos simbólicos en diferentes puntos representativos do país para "visibilizar a demanda" de soberanía galega "na data en que o decadente proxecto imperial español fai exaltación chovinista da súa Fiesta Nacional", din.
O ascensor panorámico que une o casco histórico co porto de Ribadeo, premiado polo Consello Nacional de Arquitectos de Italia pola súa achega á renovación urbana e á sustentabilidade enerxética
En Galicia executáronse case 700 desafiuzamentos nos seis primeiros meses do ano, segundo datos do TSXG. Encabeza a lista Vigo, con 228, seguido da Coruña (152), Ourense (81), Lugo (67), Ferrol (66) e Pontevedra (47)
O Concello de Riotorto convoca os axentes sociais a un encontro, o vindeiro 26 de outubro, para formar "unha fronte" contra o dobrepagamento de fármacos de dispensación hospitalaria.
O concello de Barcelona cifra en 30 mil persoas a asistencia á manifestación convocada pola plataforma Som Catalunya, Somos España, apoiada por PP e Ciutadans
Este domingo ás 13 horas o Instituto de Estudos Miñoranos celebrará na curva da Bombardeira (Baiona), a Volta dos Nove, a homenaxe anual aos nove veciños que alí foron asasinados o 15 de outubro de 1936 polos franquistas.
Ao redor de 300 neonazis concentráronse na Praça de Espanya de Barcelona con bandeiras anticonstitucionais. Entre eles está, cando menos, un dos ultras que participou no asalto á libraría Blanquerna. En resposta, uns 500 antifascistas concentráronse no barrio de Sants para evitar a presenza de ultradereitistas.
O xornalista galego Héctor Juanatey atópase no Sahara realizando unha serie de reportaxes e entrevistas que poden ler no seu blog as persoas que apoiaron economicamente a súa viaxe, a través corwdfunding. Si se poden consultar algúns contidos, en aberto, a través de Público, por exemplo a entrevista ao ministro de Cooperación da Fronte Polisaria