Ao redor de 300 neonazis concentráronse na Praça de Espanya de Barcelona con bandeiras anticonstitucionais. Entre eles está, cando menos, un dos ultras que participou no asalto á libraría Blanquerna. En resposta, uns 500 antifascistas concentráronse no barrio de Sants para evitar a presenza de ultradereitistas.
