Este 11 de outubro celebrouse en todo o mundo o Coming Out Day, ou día para saír do armario. Realízase dende 1988.
Fálase
O Concello de Vilanova de Arousa, gobernado polo PP, tamén lles pagará os fármacos aos seus veciños, rebelándose contra o copago, ao igual que en días pasados o fixeron varios rexedores de BNG e PSdeG-PSOE.
Almodóvar denuncia que o Goberno executa “un rigoroso plan de exterminio do cine español”. Ao tempo, Montoro rectifica as súas palabras desta semana e nunha nota de prensa afirma que "o cine español é dos mellores"
A plataforma Som Catalunya, Somos España -apoiada por PP e Ciutadans- buscará encher, dende as 10.30 horas, a Praça Catalunya de Barcelona contra o proceso soberanista. A plataforma ultra La España en Marcha celebra outra manifestación, dende a Praça de Espanya a Montjuïc
Un barco con 250 inmigrantes naufraga na costa de Sicilia. A Armada italiana ocúpase do rescate, aínda que xa hai algún morto.
A Xunta subirá o imposto de combustibles para manter o gasto sanitario. Pasa de 1,2 céntimos por litro de gasóleo a 4,8 céntimos e no litro de gasolina, de 2,4 a 4,8.
Máis da metade dos fogares galegos chegan con dificultades a fin de mes. Tres de cada dez non se permitiron extra ningún no último trimestre, segundo o último informe do IGE.
A Fegamp celebra unha asemblea extraordinaria para ratificar o seu rexeitamento á reforma local. A Federación celebra "a unidade de acción" dos alcaldes galegos contra a norma.
A Plataforma Auditoría Cidadá da Débeda convoca unha manifestación na Coruña este sábado ás 12 horas. Esta mobilización encádrase na Semana de Acción Global contra a Débeda e as Institucións Financeiras Internacionais.
O Goberno acusa medio millón de persoas de traballar e cobrar o paro á vez cando só son 6.000 segundo as estatísticas oficiais.