A Xunta subirá o imposto de combustibles para manter o gasto sanitario. Pasa de 1,2 céntimos por litro de gasóleo a 4,8 céntimos e no litro de gasolina, de 2,4 a 4,8.
Fálase
Máis da metade dos fogares galegos chegan con dificultades a fin de mes. Tres de cada dez non se permitiron extra ningún no último trimestre, segundo o último informe do IGE.
A Fegamp celebra unha asemblea extraordinaria para ratificar o seu rexeitamento á reforma local. A Federación celebra "a unidade de acción" dos alcaldes galegos contra a norma.
A Plataforma Auditoría Cidadá da Débeda convoca unha manifestación na Coruña este sábado ás 12 horas. Esta mobilización encádrase na Semana de Acción Global contra a Débeda e as Institucións Financeiras Internacionais.
O Goberno acusa medio millón de persoas de traballar e cobrar o paro á vez cando só son 6.000 segundo as estatísticas oficiais.
O BNG pide a segregación dos estaleiros de Ferrol para crear "unha empresa pública galega" dedicada á construción civil.
O PP vota en contra da proposta do BNG para adscribir á universidade os estudos da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Alumnado e profesorado da Escola leva meses reivindicando que esta titulación pase a ser universitaria, o que depende da Consellaría de Educación. Este venres manifestáronse ante San Caetano.
O xuíz Ruz non cita a declarar a Rajoy pero investigará un posible suborno en Toledo ao PP de Cospedal. Exixe ao partido toda a documentación do caso.
Destrúen parte do castro de Aigas, nos Ancares, con cortalumes. Denúnciao o blog O noso patrimonio
O mar protagoniza as VI Xornadas de Literatura Oral, que organizan a AS-PG e a AELG en Lugo o vindeiro 9 de novembro