O Goberno acusa medio millón de persoas de traballar e cobrar o paro á vez cando só son 6.000 segundo as estatísticas oficiais.
Fálase
O BNG pide a segregación dos estaleiros de Ferrol para crear "unha empresa pública galega" dedicada á construción civil.
O PP vota en contra da proposta do BNG para adscribir á universidade os estudos da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Alumnado e profesorado da Escola leva meses reivindicando que esta titulación pase a ser universitaria, o que depende da Consellaría de Educación. Este venres manifestáronse ante San Caetano.
O xuíz Ruz non cita a declarar a Rajoy pero investigará un posible suborno en Toledo ao PP de Cospedal. Exixe ao partido toda a documentación do caso.
Destrúen parte do castro de Aigas, nos Ancares, con cortalumes. Denúnciao o blog O noso patrimonio
O mar protagoniza as VI Xornadas de Literatura Oral, que organizan a AS-PG e a AELG en Lugo o vindeiro 9 de novembro
Francisco González Vidal (Paco Balón), figura histórica da loita clandestina contra o franquismo e do PCG na comarca de Ferrol, faleceu esta madrugada. Esquerda Unida lamenta o seu pasamento e destaca que "Paco Balón fixo súa esa misiva de cambiar o mundo de base dende que entrou na escola de aprendices da Bazán a mediados dos anos 50”.
AGE esixe a legalización inmediata da Fundación Novacaixagalicia e denuncia a "ilegalidade" das decisións da comisión xestora en funcións. Tamén alerta dos "intentos de espolio da comisión xestora a través da liquidación da Escola de Negocio", que foron "paralizados polos propios traballadores e traballadoras"
Xa está activa a nova web de Galiza, Ano Cero. Esta noite poderase ver completa a entrevista realizada a Emmanuel Rodríguez, sociólogo e historiador de Traficantes de Sueños e a Fundación de los Comunes e autor de Hipótesis Democracia.
Dous novos concellos financiarán o copago farmacéutico aos seus veciños. A Pobra de Brollón e Pol únense a Riotorto, Ribadeo, Monforte ou Pedrafita, que xa anunciaran que asumirían o 'repago' imposto polo Goberno central.