As axudas para o vehículo eléctrico suman 40 millóns en Galicia, 17 deles da Xunta. No que vai do ano só se venderon 15 unidades, segundo La Voz. Na precampaña das municipais de 2011 o Goberno galego comprometeuse a apoiar unha fábrica destes automóbiles impulsada tamén pola Deputación de Ourense.
Fálase
O CD Lugo impúxose por 1-0 ao Córdoba no Anxo Carro. Esta mañá ás 12:00 o Deportivo xoga ante o Barcelona B.
O Obradoiro perdeu ante Canarias por 76-74, aínda que estivo a piques de lograr a remontada.
Castroverde lembra hoxe os 15 veciños do concello que foron asasinados polos franquistas en 1937. Será nun acto no que participarán diversos representantes do mundo da política e da cultura.
A iniciativa Galiza pola Soberanía realizou onte actos simbólicos en diferentes puntos representativos do país para "visibilizar a demanda" de soberanía galega "na data en que o decadente proxecto imperial español fai exaltación chovinista da súa Fiesta Nacional", din.
O ascensor panorámico que une o casco histórico co porto de Ribadeo, premiado polo Consello Nacional de Arquitectos de Italia pola súa achega á renovación urbana e á sustentabilidade enerxética
En Galicia executáronse case 700 desafiuzamentos nos seis primeiros meses do ano, segundo datos do TSXG. Encabeza a lista Vigo, con 228, seguido da Coruña (152), Ourense (81), Lugo (67), Ferrol (66) e Pontevedra (47)
O Concello de Riotorto convoca os axentes sociais a un encontro, o vindeiro 26 de outubro, para formar "unha fronte" contra o dobrepagamento de fármacos de dispensación hospitalaria.
O concello de Barcelona cifra en 30 mil persoas a asistencia á manifestación convocada pola plataforma Som Catalunya, Somos España, apoiada por PP e Ciutadans
Este domingo ás 13 horas o Instituto de Estudos Miñoranos celebrará na curva da Bombardeira (Baiona), a Volta dos Nove, a homenaxe anual aos nove veciños que alí foron asasinados o 15 de outubro de 1936 polos franquistas.