Os líderes de PSdeG e BNG, José Ramón Gómez Besteiro e Xavier Vence, e mais a vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, participaron este mediodía na homenaxe ás vítimas do franquismo de Montecubeiro (Castroverde). As forzas da oposición parlamentaria coinciden cos organizadores do acto en reclamar a aplicación da lei da memoria histórica e en reclamar a fin da impunidade da apoloxía do fascismo.
