CiU, ERC, ICV e SI presentarán unha proclama soberanista esta semana no Paralamento catalán. Ao tempo que ARA informa de que o secretario xeral do PSC ábrese a aceptar unha consulta independentista e de que ICV tenta achegar os socialistas ao consenso pola autodeterminación.
Fálase
Galiza Nova e os Comités convocan unha folga estudantil o 17 de outubro “para frear os ataques do PP ao ensino público galego"
Francisco Rodriguez agradece en twitter o "apoio, cariño e confianza" recibidos e afirma que "hoxe toca descansar".
El Diario denuncia que a obsesión policial pola convocatoria do 25-S "comprometeu a seguridade deo MTV Madrid Beach"
Eduardo Madina, Carme Chacón, Tomás Gómez e Patxi López son os candidatos alternativos a Rubalcaba preferidos polas bases do PSOE, segundo un barómetro interno do partido, que analiza Público.
O Concello de Muíños non organizará unha corrida de touros este ano, como viña facendo. Segundo Galicia mellor sen touradas, o motivo é que o goberno municipal decidiu retirarlle a sobvención que permitia a celebración do evento.
O PSdeG pedirá a dimisión de Francisco Rodríguez se non toma a iniciativa de deixar o cargo. "Paco é un bo home pero moi mal aconsellado e seguro que determinadas personas do seu entorno lle van pedir que se aferre á alcaldía", publica o Faro de Vigo citando fontes socialistas.
El Periodico informa de que CiU xa reservou o Palau San Jordi para varias datas nos vindeiros meses co obxectivo de asegurar o escenario para o mitin final dunha campaña electoral. Os comicios poderian adiantarse ao 25 de novembro.
O Parlament de Catalunya prepara un pronunciamento soberanista, segundo La Vanguardia. O documento iria máis aló da reivindicación do dereito de autodeterminación, xa aprobado por esa cámara, e expresará "de forma inequívoca a vontade do pobo catalán de pronunciarse respecto ao vínculo co Estado español".
O alcalde de Ourense quedou en liberdade baixo fianza de 6.000 euros pero ficou imputado polos delitos de prevaricación e suborno. Despois dunha xornada martaoniana nos xulgados de Lugo a maxistrada Pilar de Lara tamén lle imputou delitos de prevaricación e tráfico de influencias ao delegado de Vendex en Galicia.