O PSdeG pedirá a dimisión de Francisco Rodríguez se non toma a iniciativa de deixar o cargo. "Paco é un bo home pero moi mal aconsellado e seguro que determinadas personas do seu entorno lle van pedir que se aferre á alcaldía", publica o Faro de Vigo citando fontes socialistas.
Fálase
El Periodico informa de que CiU xa reservou o Palau San Jordi para varias datas nos vindeiros meses co obxectivo de asegurar o escenario para o mitin final dunha campaña electoral. Os comicios poderian adiantarse ao 25 de novembro.
O Parlament de Catalunya prepara un pronunciamento soberanista, segundo La Vanguardia. O documento iria máis aló da reivindicación do dereito de autodeterminación, xa aprobado por esa cámara, e expresará "de forma inequívoca a vontade do pobo catalán de pronunciarse respecto ao vínculo co Estado español".
O alcalde de Ourense quedou en liberdade baixo fianza de 6.000 euros pero ficou imputado polos delitos de prevaricación e suborno. Despois dunha xornada martaoniana nos xulgados de Lugo a maxistrada Pilar de Lara tamén lle imputou delitos de prevaricación e tráfico de influencias ao delegado de Vendex en Galicia.
O incendio de Manzaneda segue activo e leva queimadas máis de 300 hectáreas, segundo a Xunta. AGE denuncia a falta de medios nos traballos de extinción nos que nas primeiras horas non actuaron medios terrestres.
O Celta gáñalle 2-1 ao Getafe con goles de Augusto Fernández (57') e o coreano Park Chu-Young (69') e Barrada (59') para os madrileños.
O Lugo non fixo un bo partido en Huelva e caeu con claridade (3-0) ante o Recreativo.
Compromiso por Galicia presentou este sábado os seus candidatos nun acto que tivo lugar no Pazo de Lestrove, en Dodro.
Este sábado ao mediodia declaráronse dous incendios en Manzaneda e Riós que ás cinco da tarde queimaran xa 50 e 20 hectáreas, respectivamente. A Alternativa Galega de Esquerdas denuncia que o incendio de Manzaneda está descontrolado e ameaza tres núcleos rurais: Langullo, Cimadevila e a explotación gandeira da Mata. Segundo AGE, nos traballos de extinción non está a actuar ningún medio terrestre, tan só medios aéreos. Porén, segundo a Xunta participan 5 axentes forestais, 17 brigadas, 5 motobombas e 3 palas.
Edimburgo acolleu este sábado unha manifestación pola independencia de Escocia, que se pechou cun discurso do presidente Alex Salmond. A marcha insirese na campaña de cara ao referendo que Salmond ten previsto convocar en 2014.
O alcalde de Ourense, Francisco Rodriguez, finaliza a súa declaración no xulgado de Lugo despois de tres horas.