O Celta gáñalle 2-1 ao Getafe con goles de Augusto Fernández (57') e o coreano Park Chu-Young (69') e Barrada (59') para os madrileños.
O Lugo non fixo un bo partido en Huelva e caeu con claridade (3-0) ante o Recreativo.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/505df0eb904f0-park14grobas.jpg)
O Celta gáñalle 2-1 ao Getafe con goles de Augusto Fernández (57') e o coreano Park Chu-Young (69') e Barrada (59') para os madrileños.
O Lugo non fixo un bo partido en Huelva e caeu con claridade (3-0) ante o Recreativo.
Compromiso por Galicia presentou este sábado os seus candidatos nun acto que tivo lugar no Pazo de Lestrove, en Dodro.
Este sábado ao mediodia declaráronse dous incendios en Manzaneda e Riós que ás cinco da tarde queimaran xa 50 e 20 hectáreas, respectivamente. A Alternativa Galega de Esquerdas denuncia que o incendio de Manzaneda está descontrolado e ameaza tres núcleos rurais: Langullo, Cimadevila e a explotación gandeira da Mata. Segundo AGE, nos traballos de extinción non está a actuar ningún medio terrestre, tan só medios aéreos. Porén, segundo a Xunta participan 5 axentes forestais, 17 brigadas, 5 motobombas e 3 palas.
Edimburgo acolleu este sábado unha manifestación pola independencia de Escocia, que se pechou cun discurso do presidente Alex Salmond. A marcha insirese na campaña de cara ao referendo que Salmond ten previsto convocar en 2014.
O alcalde de Ourense, Francisco Rodriguez, finaliza a súa declaración no xulgado de Lugo despois de tres horas.
Denuncian que a convocatoria vía SMS para o mitin de Rajoy no Hotel Auriense de Ourense incluía a recomendación de evitar "alertar a persoas que poidan boicotear o acto". Os xornalistas tamén denuncian que foron recluídos e non tiveron acceso directo ao discurso.
Milleiros de persoas persoas participaron en Santiago nunha manifestación contra a "estafa" das preferentes, convocada por 25 plataformas de afectados. Na marcha participaron numerosos cargos do BNG, coma Carlos Aymerich e Rubén Cela.
Rajoy participa nun acto de precampaña do Partido Popular en Ourense acompañado de Manuel Baltar e Jesús Vázquez. Núñez Feijoo non quixo coincidir con el e estará na Coruña presentando a candidatura popular por esta provincia.
Estase celebrando na Praza Maior de Ourense a concentración de apoio ao alcalde, Francisco Rodriguez, que está sendo interrogado nestes momentos en Lugo.
"Harry... que?" JK Rowling publica a súa primeira novela despois da serie de Harry Potter e é entrevistada por The Guardian.