Edimburgo acolleu este sábado unha manifestación pola independencia de Escocia, que se pechou cun discurso do presidente Alex Salmond. A marcha insirese na campaña de cara ao referendo que Salmond ten previsto convocar en 2014.
Fálase
O alcalde de Ourense, Francisco Rodriguez, finaliza a súa declaración no xulgado de Lugo despois de tres horas.
Denuncian que a convocatoria vía SMS para o mitin de Rajoy no Hotel Auriense de Ourense incluía a recomendación de evitar "alertar a persoas que poidan boicotear o acto". Os xornalistas tamén denuncian que foron recluídos e non tiveron acceso directo ao discurso.
Milleiros de persoas persoas participaron en Santiago nunha manifestación contra a "estafa" das preferentes, convocada por 25 plataformas de afectados. Na marcha participaron numerosos cargos do BNG, coma Carlos Aymerich e Rubén Cela.
Rajoy participa nun acto de precampaña do Partido Popular en Ourense acompañado de Manuel Baltar e Jesús Vázquez. Núñez Feijoo non quixo coincidir con el e estará na Coruña presentando a candidatura popular por esta provincia.
Estase celebrando na Praza Maior de Ourense a concentración de apoio ao alcalde, Francisco Rodriguez, que está sendo interrogado nestes momentos en Lugo.
"Harry... que?" JK Rowling publica a súa primeira novela despois da serie de Harry Potter e é entrevistada por The Guardian.
Milleiros de manifestantes concéntranse durante oito horas en Lisboa ás portas do edificio no que se estaba a desenvolver o consello de ministros. Pedian a dimisión do Goberno e a fin dos recortes e do control do pais pola troika.
Despois de meses de controversia e de negarse a facilitar información sobre cantos impostos pagaba, Mitt Romney revela que en 2011 aboou só o 14% dos seus ingresos en impostos
En Catalunya os partidos preparan o debate de politica xeral que a semana que vén terá lugar no Parlamento e que estará monopolizado pola cuestión da independencia. Duran i Lleida e Mas reúnense para consensuar unha posición común en CiU e parece que a asamblea nacional de ICV asumirá a autodeterminación.