Despois de meses de controversia e de negarse a facilitar información sobre cantos impostos pagaba, Mitt Romney revela que en 2011 aboou só o 14% dos seus ingresos en impostos
Fálase
En Catalunya os partidos preparan o debate de politica xeral que a semana que vén terá lugar no Parlamento e que estará monopolizado pola cuestión da independencia. Duran i Lleida e Mas reúnense para consensuar unha posición común en CiU e parece que a asamblea nacional de ICV asumirá a autodeterminación.
Este sábado o alcalde de Ourense declarará ante o xulgado. Onte fíxoo o alcalde de Boqueixón, en liberdade baixo fianza, pero imputado por prevaricación, blanqueo e suborno pola xuíza Pilar de Lara.
Organizacións como Amnistía Internacional ou a Confederación de Consumidores e Usuarios critican o proxecto de Lei de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno por insuficiente e demandan que o dereito de acceso á información pública se recoñeza como un dereito fundamental
A Audiencia Nacional imputa oito persoas por preparar o 25S. Dende a plataforma organizadora insisten en que a súa acción é non-violenta e denuncian que a Delegación do Gobierto trata de criminizalos.
Dirixentes do PSdeG de Ourense convocan unha concentración de apoio ao alcalde da cidade para este sábado ás 12 do mediodía. O rexedor pasará a disposición xudicial ese mesmo día.
O alcalde de Boqueixón chega aos xulgados de Lugo para declarar pola operación Pokemon. O rexedor, que acudiu esposado, é o terceiro detido en pasar a disposición xudicial.
O presidente da CEOE cre que a independencia de Catalunya "sería un enorme problema para ambas as dúas partes". Rosell móstrase comprensivo coas peticións dun pacto fiscal, pero advirte da necesidade de manter a unidade de mercado.
O Consello de Ministros aproba a nova reforma educativa que recupera os exames de reválida para o final de cada etapa (primaria, ESO e bacharelato), elimina a selectividade, aumenta a porcentaxe de contidos decididos polo Goberno central (o 65% en Galicia) e decidese que as Universidades poderán poñer probas extras ou entrevistas persoais para a admisión. A lei tamén permitirá que os centros segregadores reciban subvencións públicas. Os sindicatos educativos xa rexeitaron a reforma á que acusan de "recentralización" e "sectarismo".
Os debates electorais serán a dous e só entre as forzas con representación parlamentaria. O luns 8 será entre Feijóo e Pachi Vázquez, o martes 9 entre Vázquez e Francisco Jorquera e o mércores 10 entre Feijóo e Jorquera.