Os debates electorais serán a dous e só entre as forzas con representación parlamentaria. O luns 8 será entre Feijóo e Pachi Vázquez, o martes 9 entre Vázquez e Francisco Jorquera e o mércores 10 entre Feijóo e Jorquera.
Fálase
Haberá debates electorais en Galicia. PP, PSdeG e BNG chegaron ao fin un acordo para celebrar uns debates que comezarán o luns 8. Celebraranse tamén o martes 9 e o mércores 10. Máis información, esta tarde en Praza.
O PP xa ten o seu himno rock contra a crise. A optimista canción foi elaborada polas Nuevas Generaciones de Valencia e di por exemplo: "hay gente que no piensa igual, son millones que quieren soñar, no tienen miedo y no huyen de la realidad".
O Congreso aproba cos votos de PP e UPN concederlle ao Ministerio de Defensa un crédito extraordinario de 1.800 millóns de euros para "poñerse ao día" coa industria armamentística e aboar compromisos pendentes de 2010 d 2011.
Un cento de estudantes interrompe a apertura do curso universitario en Valencia cunha protesta contra o presidente da comunidade, Alberto Fabra.
Os ex directivos de Novacaixagalicia e o banco non chegan a un acordo. Agora o banco demandaraos pola vía social co obxectivo de recuperar as millonarias indemnizacións que recibiron.
Amador Fernández Savater entrevista para El Diario cinco dos organizadores do movemento Occupy Wall Street, que posteriormente crearon o foro de debate Making Worlds.
Isaac Rosa escribe en El Diario Cataluña, no nos dejes solos, un artigo no que afirma que "me aterra una España sin Cataluña (y sin Euskadi, que en tal caso no se quedaría atrás). ¿Se lo imaginan, una España sin las variaciones vasca y catalana, una España reconcentrada en su castellanidad?". E conclúe que "de esta España somos muchos los que queremos salir, sin tener la posibilidad de independizarnos".
Italia e España non pedirán o rescate a non ser que se dispare a prima de risco. O Goberno italiano asegura que o mecanismo de axuda só se activaría se os países "teñen a auga ao pescozo".
O Goberno xa pensa en tocar as pensións para conseguir o rescate. Ademais, tamén subiría a idade da xubilación, segundo asegura Reuters.