Isaac Rosa escribe en El Diario Cataluña, no nos dejes solos, un artigo no que afirma que "me aterra una España sin Cataluña (y sin Euskadi, que en tal caso no se quedaría atrás). ¿Se lo imaginan, una España sin las variaciones vasca y catalana, una España reconcentrada en su castellanidad?". E conclúe que "de esta España somos muchos los que queremos salir, sin tener la posibilidad de independizarnos".
Fálase
Italia e España non pedirán o rescate a non ser que se dispare a prima de risco. O Goberno italiano asegura que o mecanismo de axuda só se activaría se os países "teñen a auga ao pescozo".
O Goberno xa pensa en tocar as pensións para conseguir o rescate. Ademais, tamén subiría a idade da xubilación, segundo asegura Reuters.
As corridas de touros poden ter os seus dias contados en Francia. O Consello Constitucional francés pronúnciase este venres sobre se as touradas son compatibles coa lei francesa, que sanciona os actos crueis cometidos contra os animais. Con todo, as touradas son legais no 10% do pais en virtude dunha suposta "tradición local".
A Mariña mobilizouse este xoves pola noite en apoio de Alcoa. Os traballadores promoveron un apagamento eléctrico e a Praza do Concello de Burela encheuse con máis de 2.500 persoas, cada unha coa súa vela.
O Financial Times destaca hoxe na súa portada que a semana que vén poderian coñecerse as condicións do plan rescate a España e o programa de recortes e axustes ligado a el
En Catalunya as portadas coinciden en sinalar que se entou nun "novo tempo". La Vanguardia fala de Nova etapa. El Periodico titula Fin de ciclo. Vilaweb sinala O non de Rajoy empurra Catalunya fora de España. E Ara di que Non hai Constitución que pare a Cataluya.
De novo esta mañá as portadas da prensa de Catalunya e as das cabeceiras conservadoras de Madrid son moi distintas. ABC titula Mas esconde su fracaso con nuevas amenazas. La Razón di que No hay salida. E El Mundo destaca Mas lanza al 'pueblo de Cataluña' contra 'la pared de la Constitución'.
O líder dos liberais británicos, Nick Clegg, gravou unha declaración pedindo perdón por ter incumprido a súa promesa de que non permitiria un aumento das matrículas universitarias, que co goberno de coalición entre conservadores e liberais chegou aos 9 mil libras. O video de desculpas estase convertendo nun fenómeno no Reino Unido e xa xerou numerosas parodias.
O secretario de organización do PSdeG sinala en Twitter que o partido aínda non sabe "oficialmente" de que se acusa o alcalde de Ourense