A Mariña mobilizouse este xoves pola noite en apoio de Alcoa. Os traballadores promoveron un apagamento eléctrico e a Praza do Concello de Burela encheuse con máis de 2.500 persoas, cada unha coa súa vela.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/505c0993cd3bd-349475.jpg)
A Mariña mobilizouse este xoves pola noite en apoio de Alcoa. Os traballadores promoveron un apagamento eléctrico e a Praza do Concello de Burela encheuse con máis de 2.500 persoas, cada unha coa súa vela.
O Financial Times destaca hoxe na súa portada que a semana que vén poderian coñecerse as condicións do plan rescate a España e o programa de recortes e axustes ligado a el
En Catalunya as portadas coinciden en sinalar que se entou nun "novo tempo". La Vanguardia fala de Nova etapa. El Periodico titula Fin de ciclo. Vilaweb sinala O non de Rajoy empurra Catalunya fora de España. E Ara di que Non hai Constitución que pare a Cataluya.
De novo esta mañá as portadas da prensa de Catalunya e as das cabeceiras conservadoras de Madrid son moi distintas. ABC titula Mas esconde su fracaso con nuevas amenazas. La Razón di que No hay salida. E El Mundo destaca Mas lanza al 'pueblo de Cataluña' contra 'la pared de la Constitución'.
O líder dos liberais británicos, Nick Clegg, gravou unha declaración pedindo perdón por ter incumprido a súa promesa de que non permitiria un aumento das matrículas universitarias, que co goberno de coalición entre conservadores e liberais chegou aos 9 mil libras. O video de desculpas estase convertendo nun fenómeno no Reino Unido e xa xerou numerosas parodias.
O secretario de organización do PSdeG sinala en Twitter que o partido aínda non sabe "oficialmente" de que se acusa o alcalde de Ourense
El Diario publica o Panfleto por un socialismo joven do economista José Luis Cives no que o autor afirma que "manter un modelo social que explota e condena os mozos e mozas cedendo ao peso político do envellecemento é hipotecar calquera proxecto de sociedade xusta e viable e ceder á peor especie de cortoplacismo político: o motivado pola miopía electoral".
El Diario preséntase a esta hora en Madrid. Podedes seguir o acto en directo aquí.
Un milleiro de persoas recibe a Artur Mas en Barcelona con berros de "independencia" tras a súa xuntanza con Mariano Rajoy. "Todos co presidente", rezaba unha das faixas amosadas. En El Diario.
ERC proponlle a CiU tres vias para acelerar o proceso de independencia: convocar un referéndum, convocar eleccións nas que concorresen xuntos todos os partidos favorables á independencia, ou convocar uns comicios sen ir unidos pero cunha aposta clara por separarse de España.