O secretario de organización do PSdeG sinala en Twitter que o partido aínda non sabe "oficialmente" de que se acusa o alcalde de Ourense
Fálase
El Diario publica o Panfleto por un socialismo joven do economista José Luis Cives no que o autor afirma que "manter un modelo social que explota e condena os mozos e mozas cedendo ao peso político do envellecemento é hipotecar calquera proxecto de sociedade xusta e viable e ceder á peor especie de cortoplacismo político: o motivado pola miopía electoral".
El Diario preséntase a esta hora en Madrid. Podedes seguir o acto en directo aquí.
Un milleiro de persoas recibe a Artur Mas en Barcelona con berros de "independencia" tras a súa xuntanza con Mariano Rajoy. "Todos co presidente", rezaba unha das faixas amosadas. En El Diario.
ERC proponlle a CiU tres vias para acelerar o proceso de independencia: convocar un referéndum, convocar eleccións nas que concorresen xuntos todos os partidos favorables á independencia, ou convocar uns comicios sen ir unidos pero cunha aposta clara por separarse de España.
Controversia en Twitter tras unha nota na que o Goberno galego destaca que o #twitterengalego chegou grazas a unha campaña "respaldada" pola Xunta
Unha funeraria madrileña ofrece inserir códigos QR nas lápidas. Os códigos poderian levar a todo tipo de contidos multimedia, ben sexan imaxes, vídeos ou música persoal que a familia considere axeitada para lembrar o defunto.
El Diario dá conta da oposición dos colectivos feministas á proposta "ideolóxica" de Gallardón para eliminar o dereito das mulleres ao aborto.
Ryanair é unha das aerolineas europeas máis seguras, segundo un informe da autoridade irlandesa IAA na que tamén participou a Axencia Española de Seguridade Aérea. Michael O'Leary, presidente de Ryanair, cualificou de "campaña orquestada" a difusión de noticias negativas sobre a compañia na prensa española.
Detido o alcalde de Boqueixón, Adolfo Gacio (PP) no marco da Operación Pokemon, na que se inclúe a detención do rexedor de Ourense (PSdeG)