El Diario dá conta da oposición dos colectivos feministas á proposta "ideolóxica" de Gallardón para eliminar o dereito das mulleres ao aborto.
Fálase
Ryanair é unha das aerolineas europeas máis seguras, segundo un informe da autoridade irlandesa IAA na que tamén participou a Axencia Española de Seguridade Aérea. Michael O'Leary, presidente de Ryanair, cualificou de "campaña orquestada" a difusión de noticias negativas sobre a compañia na prensa española.
Detido o alcalde de Boqueixón, Adolfo Gacio (PP) no marco da Operación Pokemon, na que se inclúe a detención do rexedor de Ourense (PSdeG)
Mas lamenta "que se perdera unha oportunidade histórica". Afirma que "Catalunya fixo esforzos inmensos durante os últimos 30 anos por España" e que cría que "un país máis europeo, cun Estado de benestar máis forte sería unha España que entendería as aspiracións catalás". Mas conclúe que "o pobo de Catalunya estase movendo, non está disposta a aceptar que o noso futuro sexa gris podendo ser máis brillante, que hai marxe para facer cousas máis positivas".
Artur Mas resume os resultados da súa reunión con Rajoy dicindo que "isto non foi bien". Afirma que chegaba á xuntanza con vontade de acordo pero que Rajoy lle comunicou que o Goberno non tiña "marxe" para negociar o pacto fiscal e que só lle ofreceu unha "mellora" do financiamento en 2013. Di que a partir de agora a sociedade catalá terá que facer unha "gran reflexión" e advirte de que "a situación é suficientemente complicada para que non se improvisen as solucións". Empraza a que esa relfexión comece no debate de politica xeral que terá lugar no Parlamento a semana que vén.
#consellodaxunta Feijóo coida que as dúbidas do PSdeG sobre os beneficios dos contratos de Pemex con Navantia e Barreras demostran "o nivelazo da oposición que hai en Galicia".
#consellodaxunta Ourense centra tamén a rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. A conselleira de Sanidade presenta, xunto a Feijóo, a próxima licitación dun bloque de hospitalización no hospital ourensán.
A Coordinadora #25s, que organiza a acción de protesta programada para o 25 de setembro nos arredores do Congreso, vén de ofrecer unha rolda de prensa na que salientou o carácter pacifico da acción e afirman que non solicitarán permiso á Delegación do Goberno para a convocatoria. A rolda de prensa tivo lugar ao pé do monumento á Constitución de 1978.
#consellodaxunta Feijóo anuncia o "encendido do corazón dixital de Galicia, esta semana na Cidade da Cultura". Trátase da instalación no Gaiás do centro de proceso de datos do Goberno galego, anunciada hai meses.
Mariano Rajoy e Artur Mas levan máis dunha hora reunidos na Moncloa. O recibimento foi frio e o presidente do Goberno central non baixou as escaleiras para darlle a man ao presidente da Generalitat.