Artur Mas resume os resultados da súa reunión con Rajoy dicindo que "isto non foi bien". Afirma que chegaba á xuntanza con vontade de acordo pero que Rajoy lle comunicou que o Goberno non tiña "marxe" para negociar o pacto fiscal e que só lle ofreceu unha "mellora" do financiamento en 2013. Di que a partir de agora a sociedade catalá terá que facer unha "gran reflexión" e advirte de que "a situación é suficientemente complicada para que non se improvisen as solucións". Empraza a que esa relfexión comece no debate de politica xeral que terá lugar no Parlamento a semana que vén.
Fálase
#consellodaxunta Feijóo coida que as dúbidas do PSdeG sobre os beneficios dos contratos de Pemex con Navantia e Barreras demostran "o nivelazo da oposición que hai en Galicia".
#consellodaxunta Ourense centra tamén a rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. A conselleira de Sanidade presenta, xunto a Feijóo, a próxima licitación dun bloque de hospitalización no hospital ourensán.
A Coordinadora #25s, que organiza a acción de protesta programada para o 25 de setembro nos arredores do Congreso, vén de ofrecer unha rolda de prensa na que salientou o carácter pacifico da acción e afirman que non solicitarán permiso á Delegación do Goberno para a convocatoria. A rolda de prensa tivo lugar ao pé do monumento á Constitución de 1978.
#consellodaxunta Feijóo anuncia o "encendido do corazón dixital de Galicia, esta semana na Cidade da Cultura". Trátase da instalación no Gaiás do centro de proceso de datos do Goberno galego, anunciada hai meses.
Mariano Rajoy e Artur Mas levan máis dunha hora reunidos na Moncloa. O recibimento foi frio e o presidente do Goberno central non baixou as escaleiras para darlle a man ao presidente da Generalitat.
O alcalde de Ourense, o socialista Francisco Rodriguez, vén de ser detido por axentes do servizo de vixilancia aduaneira de Pontevedra, tras unha orde de arresto ditada por un xulgado de Lugo por un presunto delito de tráfico de influencias. Rodriguez está sendo trasladado nun coche policial a Pontevedra. O secretario de organización do PSdeG-PSOE afirma que o partido "non sabe absolutamente nada dos motivos da detención".
Gallardón: "España sen Cataluña non podería ser España e Cataluña, sen España, seguiría sendo España". O ministro de Xustiza defende a modificación da lei do aborto e a condena perpetua nunha entrevista na Cadena Ser.
O candidato do PSdeG á Xunta, Pachi Vázquez, afirma nun almorzo informativo que se está a desenvolver en Santiago que "ninguén" no PP "quere dicir que lle vai pasar a Novagalicia Banco despois do 21 de outubro" aínda que De Guindos, Feijóo e Rajoy "sábeno". A información, esta mañá en Praza.
A patronal prevé que España roce os 6 millóns de parados en 2013. As previsións da CEOE son aínda máis pesimistas que as do Goberno.