Gallardón: "España sen Cataluña non podería ser España e Cataluña, sen España, seguiría sendo España". O ministro de Xustiza defende a modificación da lei do aborto e a condena perpetua nunha entrevista na Cadena Ser.
Fálase
O candidato do PSdeG á Xunta, Pachi Vázquez, afirma nun almorzo informativo que se está a desenvolver en Santiago que "ninguén" no PP "quere dicir que lle vai pasar a Novagalicia Banco despois do 21 de outubro" aínda que De Guindos, Feijóo e Rajoy "sábeno". A información, esta mañá en Praza.
A patronal prevé que España roce os 6 millóns de parados en 2013. As previsións da CEOE son aínda máis pesimistas que as do Goberno.
Os teléfonos móbiles dos membros do Parlamento de Galicia deixan de falar galego. Cóntao El País.
O Centro de Traducións de Twitter anuncia que abriu o proceso para que en breve haxa unha versión en galego. Pidelles ás persoas interesadas en colaborar que se inscriban aqui
El Diario informa do desaloxo do CSO Casablanca en Madrid, que cualifica de "Duro golpe policial al 15-M"
O xuiz da Audiencia Nacional Pablo Ruz envia a prisión os outros tres mozos detidos, supostamente vinculados con Resistencia Galega, acusados dos delitos de tenencia de explosivos e pertenza a organización terrorista.
El Diario analiza as dificultades que as persoas desempregadas sen prestación están atopando para cobrar os 400 euros. As oficinas de emprego seguen sen instrucións concretas para xestionala.
Mentres, a prensa catalá fala de "responsabilidade histórica" (La Vanguardia), El Periódico titula Nas mans deles, Ara anticipa "Porta pechada ao pacto fiscal. Eleccións anticipadas" o mesmo que Vilaweb: "O probable fracaso do pacto fiscal abre a porta das eleccións".
As cabeceiras de prensa deste xoves están monopolizadas polo encontro entre Rajoy e Mas. E con visións moi distintas entre os xornais de Madrid e os de Barcelona. Dende o Rajoy ofrecerá a Mas mejorar la financiación pero sin pacto fiscal (El Pais) ao Rajoy dirá 'no' ao trágala de Mas (ABC) ou o Ofensiva de Rajoy para que os empresarios non apoien a Mas (El Mundo)