As cabeceiras de prensa deste xoves están monopolizadas polo encontro entre Rajoy e Mas. E con visións moi distintas entre os xornais de Madrid e os de Barcelona. Dende o Rajoy ofrecerá a Mas mejorar la financiación pero sin pacto fiscal (El Pais) ao Rajoy dirá 'no' ao trágala de Mas (ABC) ou o Ofensiva de Rajoy para que os empresarios non apoien a Mas (El Mundo)
Fálase
Baía Edicións abre unha aula virtual que permite o acceso integral dos seus fondos entre a comunidade educativa. No caso das obras de creación literaria, tanto de adultos como infantil-xuvenil, inclúese un capítulo do libro en formato dixital.
As páxinas de 19 institucións xaponesas sufriron este mércores ataques DDoS, que as autoridades relacionan coa actividade de hackers chineses, no marco do conflito aberto entre os dous paises.
Mariano Rajoy entra na precampaña galega o vindeiro sábado, nun mitin coa candidatura do PP de Ourense. No acto non estará Feijóo, que presenta pola súa banda a candidatura da Coruña. Cóntao Europa Press na súa web.
O ex tesoureiro do PP denuncia ante a Policía que recibiu ameazas pola publicación en prensa dunha información sobre o número dous de Esperanza Aguirre, Ignacio González, actual presidente en funcións de Madrid. Cóntao El Diario.
Unha explosión nunha planta de gas en México causa cando menos 26 mortos
O Wall Street Journal afirma que xa se esgotaron os efectos positivos para a bolsa e a prima de risco da débeda española xerados polo anuncio do BCE de que axudará os paises con problemas. O xornal cre que Rajoy e Draghi están a xogar un pulso no que o primeiro quere adiar todo o posible a petición de rescate -até despois das eleccións do 21-O- e o BCE non aprobará medida ningunha até que España solicite o rescate.
Fomento pagará 100 millóns de euros en Galicia por expropiacións a particulares. Asegurouno a ministra Ana Pastor, que anuncia os pagos pendentes a un mes das eleccións autonómicas.
O DOG publica as disposicións que se lles aplican na xornada electoral ás persoas asalariadas. Se traballan o 21 de outubro terán permisos de entre dúas e catro horas para poder ir votar. Velaquí as condicións.
O Ministerio de Educación prevé que a reforma educativa inclúa a primeira reválida aos oito anos de idade, con exames sobre lectura, escritura e aritmética. Na Cadena SER.