Mariano Rajoy entra na precampaña galega o vindeiro sábado, nun mitin coa candidatura do PP de Ourense. No acto non estará Feijóo, que presenta pola súa banda a candidatura da Coruña. Cóntao Europa Press na súa web.
Fálase
O ex tesoureiro do PP denuncia ante a Policía que recibiu ameazas pola publicación en prensa dunha información sobre o número dous de Esperanza Aguirre, Ignacio González, actual presidente en funcións de Madrid. Cóntao El Diario.
Unha explosión nunha planta de gas en México causa cando menos 26 mortos
O Wall Street Journal afirma que xa se esgotaron os efectos positivos para a bolsa e a prima de risco da débeda española xerados polo anuncio do BCE de que axudará os paises con problemas. O xornal cre que Rajoy e Draghi están a xogar un pulso no que o primeiro quere adiar todo o posible a petición de rescate -até despois das eleccións do 21-O- e o BCE non aprobará medida ningunha até que España solicite o rescate.
Fomento pagará 100 millóns de euros en Galicia por expropiacións a particulares. Asegurouno a ministra Ana Pastor, que anuncia os pagos pendentes a un mes das eleccións autonómicas.
O DOG publica as disposicións que se lles aplican na xornada electoral ás persoas asalariadas. Se traballan o 21 de outubro terán permisos de entre dúas e catro horas para poder ir votar. Velaquí as condicións.
O Ministerio de Educación prevé que a reforma educativa inclúa a primeira reválida aos oito anos de idade, con exames sobre lectura, escritura e aritmética. Na Cadena SER.
A policia desaloxa o centro social ocupado Casablanca, referencia para os movementos sociais de Madrid dende 2010 e que acolleu, por exemplo, as primeiras reunións públicas de cara á convocatoria do 25-S e gardaba a biblioteca das asembleas do 15M da capital do Estado, uns dez mil volumes.
Rajoy responde á manifestación independentista en Catalunya de hai unha semana. "A resposta está na Constitución e nas leis e eu comprometinme a gardar a Constitución e as leis", di no Congreso.
Inditex gaña un 32% máis no primeiro semestre, até os 944 millóns, superando, en plena crise. A facturación total do grupo textil galego ascende aos 7.239 millóns, un 17% interanual máis.