O xuiz da Audiencia Nacional Pablo Ruz envia a prisión os outros tres mozos detidos, supostamente vinculados con Resistencia Galega, acusados dos delitos de tenencia de explosivos e pertenza a organización terrorista.
Fálase
El Diario analiza as dificultades que as persoas desempregadas sen prestación están atopando para cobrar os 400 euros. As oficinas de emprego seguen sen instrucións concretas para xestionala.
Mentres, a prensa catalá fala de "responsabilidade histórica" (La Vanguardia), El Periódico titula Nas mans deles, Ara anticipa "Porta pechada ao pacto fiscal. Eleccións anticipadas" o mesmo que Vilaweb: "O probable fracaso do pacto fiscal abre a porta das eleccións".
As cabeceiras de prensa deste xoves están monopolizadas polo encontro entre Rajoy e Mas. E con visións moi distintas entre os xornais de Madrid e os de Barcelona. Dende o Rajoy ofrecerá a Mas mejorar la financiación pero sin pacto fiscal (El Pais) ao Rajoy dirá 'no' ao trágala de Mas (ABC) ou o Ofensiva de Rajoy para que os empresarios non apoien a Mas (El Mundo)
Baía Edicións abre unha aula virtual que permite o acceso integral dos seus fondos entre a comunidade educativa. No caso das obras de creación literaria, tanto de adultos como infantil-xuvenil, inclúese un capítulo do libro en formato dixital.
As páxinas de 19 institucións xaponesas sufriron este mércores ataques DDoS, que as autoridades relacionan coa actividade de hackers chineses, no marco do conflito aberto entre os dous paises.
Mariano Rajoy entra na precampaña galega o vindeiro sábado, nun mitin coa candidatura do PP de Ourense. No acto non estará Feijóo, que presenta pola súa banda a candidatura da Coruña. Cóntao Europa Press na súa web.
O ex tesoureiro do PP denuncia ante a Policía que recibiu ameazas pola publicación en prensa dunha información sobre o número dous de Esperanza Aguirre, Ignacio González, actual presidente en funcións de Madrid. Cóntao El Diario.
Unha explosión nunha planta de gas en México causa cando menos 26 mortos
O Wall Street Journal afirma que xa se esgotaron os efectos positivos para a bolsa e a prima de risco da débeda española xerados polo anuncio do BCE de que axudará os paises con problemas. O xornal cre que Rajoy e Draghi están a xogar un pulso no que o primeiro quere adiar todo o posible a petición de rescate -até despois das eleccións do 21-O- e o BCE non aprobará medida ningunha até que España solicite o rescate.