Xa está en Galicia o presidente do Uruguai, José Mújica. Esta tarde foi recibido por Feijóo no Pazo de Raxoi.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/51ab84e4188d1-image_gallery.jpeg)
Xa está en Galicia o presidente do Uruguai, José Mújica. Esta tarde foi recibido por Feijóo no Pazo de Raxoi.
A operación Álbatros contra o narcotráfico acumula xa doce persoas detidas. Recólleo Galiciaé
Esta mañá celebrouse en Ferrol o acto Carga de dignidade, organizado por artistas na defensa do naval (foto: @beticouce)
A manifestación contra a megaminaría disponse a arrincar na Alameda de Compostela. Toda a información e as imaxes, hoxe en Praza.
O presidente do Uruguai, José Mújica, inicia esta tarde unha visita a Galicia. Será recibido polo presidente da Xunta e a presidenta do Parlamento
Novagalicia terá que devolver 350.000 euros polas preferentes que lle colocou a unha empresa. Cóntao Faro de Vigo
Unha iniciativa artística reivindica hoxe a "dignidade" de Ferrolterra ao son da Radio Buguina
Finalizan os partidos na Coruña e en Vigo. O Celta permanecerá un ano máis na Primeira división tras vencer 1-0 ante o Espanyol. O Deportivo da Coruña descende á Segunda tras caer 0-1 no seu encontro coa Real Sociedade.
O Racing de Ferrol derrota o Laudio por 1-0 e consuma, tres anos despois, o ascenso á Segunda B. O Compostela, pola súa banda, pasa á seguinte rolda do play off.