O Constitucional avala que un farmacéutico non venda a pílula postcoital alegando obxección de conciencia.
Fálase
Tsipras e o novo equipo negociador grego disponse a presentar unha nova proposta ao Eurogrupo e ao Consello Europeo para evitar a quebra mentres Alemaña teima en opoñerse a unha quita da débeda. En eldiario.es
Pedro Sánchez ratifica o seu aval á continuidade de Besteiro á fronte do PSdeG e lembra que o código ético do PSOE establece a dimisión no caso da apertura de xuízo oral.
PP, PSdeG e BNG votan contra a proposta de dedicacións exclusivas formulada por Compostela Aberta no pleno de organización de Santiago. O novo modelo ten que estar aprobado, como máximo, o vindeiro día 13.
Trala clara vitoria do non no referendo deste domingo, os partidos gregos apoian as xestións de Tsipras e outórganlle un mandato para pechar un acordo cos acreedores. O Goberno heleno decide manter o corralito bancario, cando menos, ata o xoves. Paul Krugman destaca en The New York Times que "Europa gaña" co non grego pois "a campaña de acoso e intimidación" que sufriu o país foi "un momento vergoñento na historia moderna de Europa", que tería sentado "un feo precedente" de ter triunfado.
Feijóo recibe o alcalde de Vigo, Abel Caballero, por primeira vez en seis anos. Entre os asuntos abordados na xuntanza estiveron a área metropolitana, a xestión do aeroporto ou a vivenda, entre outros.
O PP elixe como lema "X el futuro de España" para a súa conferencia política da vindeira fin de semana. En eldiario.es
A Xunta asina un convenio con Abanca para xestionar alugueiros sociais para persoas en risco de desafiuzamento que teñan a hipoteca con esta entidade. O banco anuncia ademais a cesión de 100 vivendas para familias "en situación de vulnerabilidade".
Rajoy non descarta que as xerais sexan en decembro para chegar a elas cos orzamentos aprobados. Recólleo eldiario.es
Varoufakis dimite como ministro grego de Finanzas para facilitar a "negociación dun mellor acordo" cos acredores tas o triunfo do "non" no referendo. Explica a decisión neste post do seu blog