Pachi Vázquez promete, nunha entrevista que publica Europa Press, crear 10 ou 15 mil postos de traballo para mozos e mozas no seu primeiro ano de Goberno se é elixido Presidente da Xunta. Vázquez engade que "non hai fórmulas máxicas, e son consciente de que non vou acabar co paro en 45 días". Afirma que as enquisas do PSdeG-PSOE outórganlle ao partido "entre 23 e 24 deputado" (fronte aos 25 actuais) e amosan que o PP tamén caería, perdendo a maioría absoluta.
Fálase
A candidata de EH Bildu, Laura Mintegi, chama a construír un "futuro libre, soberano e democrático" ao estilo de José Antonio Aguirre, primeiro Lehendakari. Mintegi animou "aos abertzales, aos soberanistas e ás persoas de esquerda e progresistas" a "facer país".
Soledad Gallego-Díaz salienta en El País que unha maioría absoluta de Núñez Feijoo sería "un balón de osixeno" para Rajoy e que o PSOE, "que dá por suposto que perderá o Goberno vasco", concentrarase en evitala.
Lara Graña explica no Faro de Vigo as distintas saídas para as persoas afectadas pola estafa das participacións preferentes.
Un milleiro de persoas completan a Marxa de la Llibertat, que se iniciara en 1976. Naquel ano milleiros de cataláns realizaron unha marcha a pé de corenta mil quilómetros, prohibida por Manuel Fraga, para reividicar a ruptura co franquismo e os dereitos nacionais de Catalunya. Pero daquela, a policía impedira realizar os últimos dez quilómetros para chegar a Poblet
A construción naval en Fene xa só dá traballo a unha empresa auxiliar, e a uns 69 traballadores, fronte ao milleiro de empregados do pasado ano e ás cifras moito máis importantes do pasado.
José Enrique Porto, ciclista paralímpico galego cunha deficiencia visual, acada unha medalla de prata nos Xogos de Londres. O de Ponteareas, que fai tándem co madrileño Antonio Villanueva, foi segundo na proba do kilómetro en pista
O Dépor empata en Riazor ante o Getafe (1-1). Riki adiantou os branquiazuis no minuto 6 e Barrada empatou no 26. Os coruñeses teñen 5 puntos despois de tres xornadas.
Dous mozos ourensáns tentan levar tres carros cheos de alimentos dun supermercado de Ourense. Á saída do establecemento lanzaron uns pasquíns nos que se podía ler Non temos medo, temos fame
Un gol do Córdoba no minuto 88 evitou unha nova vitoria do Lugo no Anxo Carro. O resultado final: Lugo 1 (Mauro Quiroga, 16') - Córdoba 1 (Patiño, 88') permítelle ao equipo seguir nos postos altos da clasificación.