Decenas de inmigrantes intentan saltar a Melilla. Polos menos 500 intentaron cruzar a fronteira e máis de trinta subiron ao valado ata que baixaron de forma voluntaria.
Fálase
O galego perde peso en Internet. A porcentaxe da lingua galega do total de idiomas utilizados na Rede reduciuse á metade no último ano, segundo conta GCiencia.
O Consello de Europa critica o intento de España de criminalizar Twitter. "Que un comentario sexa reprobable non o converte en criminal", asegura.
Milleiros de galegos saen ás rúas convocados por Queremos Galego nas oito manifestacións que se celebran en diferentes localidades do país. Imaxe de @BNG_comarcaAC. Máis información, hoxe en Praza.
Este 17 de maio tamén se celebra o Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia. En 81 países a homosexualidade está considerada un delicto e en dez deles é castigada coa pena de morte.
Interior quere que o uso de Twitter para cometer delictos teña máis castigo. Pretende que o próximo Código Penal recolla este agravante.
A RAG celebra hoxe o acto central do Día das Letras en Guitiriz ás 12 do mediodía.
O galego Gómez Noya vence en Yokohama e logra a súa terceira vitoria consecutiva nas series mundiais. O triatleta ferrolán derrotou nun sprinti ao mallorquino Mario Mola.
#europeas2014 Axenda electoral do día:
- Francisco Millán: Con Soraya Sáenz de Santamaría, paseo pola Coruña. Ás 16.45, mitin en Ourense16.45 Mitins en Cervo e Foz ás 20 e 21 horas.
- José Blanco: Mitin en Celanova ás 17 horas tras unha visita ao Claustro. En Lugo, mitin ás 20.30 horas.
- Ana Miranda: Na manifestación pola lingua ás 12 en Vigo, encontro coa plataforma pola recuperación das termas ás 17 horas en Cuntis e mitin ás 20:30 en Tomiño.
- Lidia Senra: Namanifestación pola lingua ás 12 en Santiago e mitin ás 17 horas na Estrada.
- Paulo Carlos López: Acto pola lingua na praza de Compostela de Vigo ás 13 horas. Ás 20 horas, mitin en Maceda.
O fiscal recorre as imputacións de once ex cargos de Adif polo accidente de Angrois. Cuestiona a conclusión dos peritos sobre o ERTMS.