Marrocos deporta subsaharianos como castigo por se manifestar contra os ataques racistas. Máis de 15 persoas foron enviadas aos seus países sen garantías nin previo aviso.
Fálase
A Xunta ten case a metade de liberados sindicais que en 2011 tras eliminar 330 nos últimos tres anos.
A alcaldesa de Viveiro, imputada por prevaricación urbanística, segundo adianta La Voz de Galicia. Catro edíx e ex edís, tamén imputados.
ABanca absorberá o Etcheverría o vindeiro 6 de outubro, cando os accionistas de ambas as dúas entidades voten a fusión das entidades.
O blog As MIR e unha noites recolle a experiencia dunha muller residente en Vigo á que unha farmacia da cidade se negou a dispensarlle un anticonceptivo, na liña doutras boticas que alegan obxección de conciencia para incorrer en actitudes semellantes.
A USC inaugurou oficialmente o curso este venres sen a presenza de ningún membro do Goberno da Xunta. O reitor compostelán, Juan Viaño, sitúa "a situación económica, a internacionalización e o cambio da organización docente e investigación" como prioridades do novo período.
A catedrática de Enxeñaría de Telecomunicacións Carmen García Mateo recibirá o premio María Josefa Wonenburger deste ano. Decidiuno este venres o plenario da Unidade de Muller e Ciencia da Xunta.
Cospedal propón unha "gran coalición" de PP, PSC, UPyD, C's e Unió contra o soberanismo en Cataluña. Os populares chaman á unión dos partidos "que defenden aos que se senten cataláns e españois".
Deputados do PP ignoran o que deben votar na Comisión de Educación do Parlamento de Galicia, cuxo presidente, Antonio Mouriño, iniciou a votación dúas veces pola ausencia do voceiro dos conservadores. Obsérvase nun vídeo difundido polo BNG.
En plena polémica dos followers falsos Rajoy di en Twitter que lle dá "a benvida" a "xente real" e non a bots. Engade, ademais, que o aumento exponencial de seguidores se debe a unha "estraña campaña"